Xeografía e Historia

Saída aos Picos de Europa

Alumnos/as do IES Manuel García Barros correspondentes aos cursos de 3º ESO e 2º de BAC realizarán unha excursión aos Picos de Europa onde realizarán, entre outras, as seguintes actividades: ruta polo río Cares, Fonte De con subida ao teleférico e visita as covas de Tito Bustillo. A actividade, organizada polos departamentos de Bioloxía e Xeoloxía e Xeografía e Historia, terá lugar entre o xoves 9 e o domingo 12 de outubro. Os alumnos/as estarán acompañados polas profesoras: Esther Sánchez, Magaly Barreiro e Beatriz Mera.

picos.jpeg

Saída cultural Bueu, Cangas, Illas Cíes

O vindeiro martes, 17 de xuño, en horario approximado de 08:45 a 20:30, terá lugar unha saída do alumnado de 2º e 3º da ESO. A actividade, organizada polo departamento de Xeografía e Historia, desenvolverase segundo o seguinte programa:
- Visita ao Museo Massó no concello de Bueu.
- Saída cara o porto de Cangas para embarcar con destino ás illas Cíes
- Visita guiada por este espazo protexido pertencente ao Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.

illas cies 2.jpeg

Entrega do premio Euroscola 2014 ao equipo Afar de 4º ESO C

Na mañá de hoxe, 10 de xuño, o equipo Afar recibiu o premio Euroscola 2014 de mans do Director Xeral de Xuventude e Voluntariado. Agradecer a súa amabilidade, e dispoñibilidade para axudarnos na medida do posible a cofinanciar a viaxe a Estrasburgo do vindeiro 28 de novembro. Como todos sabedes, esta actividade formou parte do traballo na materia Ética e Cidadanía en 4º ESO C. Presentáronse máis de 600 traballos en toda España, e os Afar estiveron entre os 12 mellores.

Non esquezades leer o noso blog. Veredes o por que do premio.

Os AFAR, alumnos de Ética de 4º ESO C, gañadores do concurso estatal Euroscola 2014

O equipo Afar, formado por toda a clase de 4º ESO C, está entre os doce gañadores do concurso estatal Euroscola 2014 e...o ano que ven viaxaremos a Estrasburgo para participar nunha sesión do Parlamento Europeo!

Se queredes saber por que nos chamamos AFAR, ou cal foi o traballo desenvolto, botádelle un ollo ao noso blog no seguinte enlace:

http://euroscolamgbafar.blogspot.com.es/

Equipo Afar

O equipo Afar do concurso Euroscola presenta o seu primeiro libro dixital

O equipo Afar, participante no concurso Euroscola, non para! Agora acaban de publicar o seu primeiro libro dixital na plataforma Calameo. Botádelle unha ollada a continuación:


.

A iniciativa dos Afar para o concurso Euroscola na prensa local

Hoxe, xoves 3, a O Faro de Vigo e La Voz de Galicia fanse eco da iniciativa "Exprésate. A Europa que queres" para o concurso Euroscola do equipo Afar, de 4º ESO C.

Elfaro.jpg

Exprésate: A Europa que quero ou a Europa que non quero. Photocall Euroscola 2014.

O xoves 27 e o luns 31 de marzo, o equipo Afar, participante no concurso Euroscola 2014, organizará un photocall para que todos os que queirades podades expresarvos respecto ao que queremos ou non queremos para Europa. O 25 de maio celébranse as eleccións ao Parlamento Europeo e poucos poderán ou quererán expresarse nas urnas... Podedes facelo dende o MGB, axudando aos Afar. Aproveitamos para invitarvos a todos a ver o noso blog (aínda en construcción), ao que podedes acceder dende esta web.

images (1).jpg

SAÍDA CULTURAL A SANTIAGO DE COMPOSTELA.

Os alumnos/as de 2º de bacharelato realizarán unha visita á cidade do Apóstolo o vindeiro martes, 18 de febreiro, visitando “Meteogalicia”, a catedral de Santiago (tellados e escavacións) e o Museo das Peregrinacións. A saída rematará cun percorrido petrolóxico polo casco histórico da cidade. A actividade, organizada polos departamentos de xeografía e historia e bioloxía, desenvolverase nun horario aproximado de 08:45 a 19:00 horas e será levada a cabo polas profesoras, Magaly Barreiro, Beatriz Mera e Esther Sánchez.

Catedral_de_Santiago_de_Compostela_10_0.jpg

Charla de Dieste e Ventura, da EPAPU do cárcere de Teixeiro

Hoxe, luns 3, o alumnado de Ética de 4º da ESO, así como o de 4º PDC e 3ºC, asistiron a unha charla dada por alumnos da escola do cárcere de Teixeiro, dentro do Proxecto Anoca. Ventura e Dieste (na foto) compartiron con nos as súas duras experiencias vitais. Sorte e grazas, a eles e aos profesores que os acompañaron.

IMG_4705_500.jpg

9 de maio: Día de Europa

Hoxe, 9 de maio, os alumnos de Xeografía de 3º da ESO C, queremos apostar pola educación pública e por unha Europa máis solidaria. Como parte da nosa participación no concurso Euroscola, queremos conmemorar con todos vós o día de Europa e presentar os blogs dos nosos equipos participantes: os Hamer e os Surma... Están na parte dereita desta páxina, case ao fondo. Por certo, a "imaxe animada" que vedes forma parte da iniciativa do equipo Hamer. Grazas a todos por axudarnos!

Charla de Joana e Paco, do proxecto ANOCA, co alumnado de Cidadanía

O pasado martes, 28 de febreiro, Joana e Paco (na foto), do Proxecto Anoca, acompañados de dous profesores, mantiveron unha charla-coloquio co alumnado de Cidadanía. Grazas pola vosa valentía, e esperamos poder devolvervos a visita.

Joana e paco

Fotos de Campo Lameiro

Xa estan subidas á nosa galeria en Flickr as fotos sacadas na excursión realizada o xoves 13 de Outubro polos alumnos de 2º de bacharelato ao parque arqueolóxico da arte rupestre de Campo Lameiro.

Web viaxe a Amsterdam

Despois do éxito do Festival celebrado o pasado venres, presentamos hoxe esta nova web, onde se recolle toda a información e as novas relativas á viaxe dos alumnos de 4º de ESO a Amsterdam.

Cartel Festival Amsterdam 2011

Xa temos cartel para o festival da viaxe a Amsterdam. Tras un pequeno desastre informático que nos privou dos traballos doutros compañeiros,  o elixido finalmente foi o realizado pola alumna de TIC de 1º de Bacharelato Laura Sanmartín. Podedes ver máis traballos en modo presentación dende esta ligazón.

laurasanmartin_amsterdam_500.jpg

Fotos da excursión a Carboeiro

Xa están subidas á nosa galería en Flickr as fotos da viaxe a Carboeiro dos alumnos de 2º da ESO, organizada polo Departamento de Xeografía e Historia. Podedes ver a presentación nesta ligazón.
HPIM1460.JPG
Distribuir contido