Francés

Subidas as fotos da viaxe a París

Xa podedes ver (e descargar) as fotografías da viaxe a París. Encontraralas  na nova galería de imaxes do MGB en Flickr.

Se alguén quere todas as fotos e os vídeos, debe falar con Arturo e ir provisto dun lápis de memoria de 2 gigas (como mínimo...!).

collage_paris.png

Festival Viaxe a París

 
O vindeiro venres, 20 de febreiro, ás 20:00 horas no Teatro Principal da Estrada, terá lugar o Festival do MGB, organizado con motivo da próxima excursión a París de alumnos do centro. Teremos teatro, bailes de salón, baile moderno, música galega, brasileña, rock, coro, piano clásico, monólogos, sorteo de premios e moito máis. Non faltes! O prezo da entrada será de 3€.
Descarga o programa completo.
cartel_paris2009.png

Teatro Francés

O vindeiro martes 16 de decembro os alumnos/as de Francés acudirán a representación dunha obra de Teatro no Colexio A Salle en Santiago. Sairán ás 10:30 e voltarán ás 13:35 horas.

Distribuir contido