Skip to Content

DÍA EUROPEO DAS LINGUAS. XOGO INTERACTIVO

 

 

 

 

Para celebrar o Día Europeo das Linguas, mañá 26 de setembro, o EDLG do IES San Paio pon ao voso dispor un xogo sobre as distintas linguas de Europa para que poidades usalo.

Data: 
Lun, 25/09/2023 - 09:30

Entrega libros ANPA

Facendo click aquí poderedes consultar data, horario e contacto para a entrega dos libros da ANPA.

Data: 
Xov, 21/09/2023 - 05:22

INICIO DO CURSO 2023/2024

O curso académico 2023-24 comezará o vindeiro luns 11 de setembro, co horario habitual de mañá de  8:45 a 14:25 e pola tarde de 16:20 a 18:00, con servizo normal de transporte escolar. A primeira hora, o alumnado será recibido polas/os titoras/es dos grupos na pista de terra á dereita do pavillón, se o tempo o permite, e dende alí se dirixirán a súa aula de referencia.

En caso contrario, a benvida será no pavillón. Tras esta primeira sesión coa titor/a seguirase o horario normal o resto do día.

Para saber a qué grupo foi asignado cada alumna/o, as familias deberán consultar a aplicación móbil ABALAR ou as listas que están expostas na entrada do centro.

Recordamos as familias algunhas datas importantes neste inicio de curso:

- Data límite para inscribirse na ANPA:  venres 15 de setembro.

- Data límite para solicitar a validación entre as ensinanzas profesionais de música e danza e as materias de ESO e Bacharelato: venres 30 de setembro na secretaría do centro.

Bo inicio de curso 2023-24!

Data: 
Mér, 06/09/2023 - 02:26

ANPA: NOTIFICACIÓN

 

No seguinte documento recóllese notificación importante da ANPA do IES San Paio,en referencia  a convocatoria da asamblea xeral  que terá lugar o xoves 14 de setembro.

Ademáis, a inscrición como socio/a da ANPA poderá facerse antes do 15 de setembro de 2023 entregando este impreso que está tamén dispoñible na conserxería do centro.

Data: 
Ven, 21/07/2023 - 05:14

RESULTADOS ABAU EXTRAORDINARIA 2022/23

Celebradas as probas ABAU de acceso á universidade, na súa convocatoria extraordinaria, e publicadas xa as actas de cualificacións provisionais, queremos dar os nosos PARABÉNS A TODO O ALUMNADO DO IES SAN PAIO QUE CO SEU ESFORZO CONSEGUIU SUPERAR ESTA PROBA.

50% de APTAS/OS

Prazo de solicitude de revisión do 20 ó 24 ás 14:00h.

Data: 
Mér, 19/07/2023 - 10:40

SOLICITUDES DE AXUDA DE MATERIAL EXCLUÍDAS (PROVISIONAL)

 

Xa está publicada no taboleiro da Secretaría do Centro a listaxe provisional de solicitudes de axuda de material EXCLUÍDAS. Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave365 ou o certificado dixital.

Recórdase que existe a posibilidade de reclamar esta resolución os días xoves 13 e venres 14 de xullo, na Secretaría do Centro en horario de 09:00 a 14:00. Non hai un impreso específico para dita reclamación pero pódese consultar a orde que regula este proceso na seguinte ligazón.

A listaxe definitiva publicarase o mércores 26 de xullo e, a partires dese momento, as persoas admitidas poderán pasar a recoller o vale na Secretaría do Centro de 09:00 a 14:00 durante o mes de xullo, e de 11:00 a 13:00 no mes de agosto. IMPORTANTE: só poderá recoller o vale a persoa solicitante do mesmo, presentando o seu DNI.

 

Data: 
Xov, 13/07/2023 - 07:09

LISTADO LIBROS DE TEXTO CURSO 2023-24

 

 

 

Na seguinte ligazón pódese consultar o listado de libros de texto para o curso 2023-24.

 

Recoméndase non comprar ningún dos libros,marcados con asterisco, ata recibir indicacións do profesorado da materia ao principio de curso.

 

 

Data: 
Mér, 12/07/2023 - 16:56

Entrega de notas e período de matrícula

 

Este venres 23 de xuño ás 21:00 comunicaranse as cualificacións a través da plataforma ABALAR  mentres que a entrega de boletíns será o luns 26 ás 10:00 para o alumnado de 1º, 2º e 3º ESO, nas aulas de referencia dos grupos. Para o alumnado de 4ºESO os boletíns entregaranse na aula de 2BAC B, na planta soto do edificio, por grupos escalonadamente segundo o horario que segue:

  • 4ESO A - 10.30
  • 4ESO B - 11.00
  • 4ESO C - 11.30
  • 4ESO D - 12.00

Recórdase que ese mesmo día, xusto despois da recollida dos boletíns, o alumnado de 4ESO terá que facer a devolución dos equipos e-Dixgal na aula de 3ESO D, na planta soto, ao lado da aula de música. Xunto co equipo, que terá que devolverese con funda, caixa e cargador, haberá que entregar o "Acordo de devolución" asinado polos responsables, dándoselle unha copia do mesmo como comprobante da recollida do equipo.

Por último, cos boletíns de cualificacións, entregarase o impreso de matrícula que deberá completarse, asinarse e presentarse ata o venres 7 de xullo na secretaría do centro, en horario de 09.00 a 14.00 para formalizar a matrícula no vindeiro curso 2023-24.

Bo descanso e moi feliz verán!

Data: 
Mér, 21/06/2023 - 08:47

Resultados ABAU Ordinaria 2022/23

Celebradas as probas ABAU de acceso á universidade, na súa convocatoria ordinaria, e publicadas xa as actas de cualificacións provisionais, queremos dar os nosos PARABÉNS A TODO O ALUMNADO DO IES SAN PAIO QUE CO SEU ESFORZO CONSEGUIU SUPERAR ESTA PROBA.

94% de APTAS/OS

  • Dos 63 estudantes presentados nesta convocatoria resultaron aptos 59
  • Ademais, 4 destas alumnas obtiveron máis dun 9 na cualificación final da parte obrigatoria:
    • AROA FERNÁNDEZ VAZ
    • MARTINA JUNCAL CORDO
    • MARA MONTERO MORGADO
    • SARA PARAMOS BAUTISTA
  • E outras 14 alumnas/os obtiveron unha cualificación na parte obrigatoria entre 8 e 9:
    • Marta Álvarez Núñez
    • Laura Brito Mariño
    • Candela Fernández Muíños
    • Estela Fernández Rodríguez
    • Aroa González Martínez
    • Lara González Rey
    • Íker Gutiérrez Guerra
    • Keyla Iglesias Esteves
    • Katiana Lorenzo Mota
    • Ainhoa Losada Búa
    • Lucía Méndez González
    • Mateo Moroño Souto
    • Mateo Rodríguez Rodríguez
    • Paula Rusell Gómez-Valadés

Parabéns a todas/os polo voso traballo!

Data: 
Sáb, 17/06/2023 - 05:44

Calendario exames - Convocatoria Extraordinaria 1º e 2º BAC

Nesta ligazón pódese consultar o calendario de exames da convocatoria extraordinaria para 1º e 2º bacharelato, que terá lugar entre o luns 19 e o mércores 21 de xuño.

Data: 
Lun, 12/06/2023 - 06:03
Distribuir contido


by Dr. Radut