Skip to Content

Admisión de alumnado para o curso 2023/24

Comeza o proceso de admisión de alumnado en centros escolares sostidos con fondos autonómicos para o curso 2023/24, regulado pola Orde de 21 de outubro de 2022 e co seguinte calendario:

  • Do 15 de xaneiro ao 4 de febreiro de 2023: prazo de reserva para o alumnado que finaliza etapa nun centro e pasa a outro.
  • 22 de febreiro de 2023: publicación da listaxe de alumnado con posto reservado.
  • Antes do 1 de marzo: sorteo público para os efectos de desempate.
  • Do 1 ao 20 de marzo de 2023: prazo de solicitude de reserva para o alumnado que se incorpora por vez primeira ao sistema educativo galego ou para os que cambian de centro de maneira voluntaria.
  • 25 de abril de 2023: publicación da listaxe provisional de admitidos. Cinco días hábiles para formular reclamacións a partir do día seguinte da súa publicación. 
  • 15 de maio de 2023: publicación da listaxe definitiva de admitidos.
  • 23 de xuño a 7 de xullo de 2023: unha vez admitido, prazo de formalización de matrícula.

Podes acceder a TODA A INFORMACIÓN DO PROCEDEMENTO na nosa web premendo AQUÍ, no taboleiro da Secretaría do centro ou a través da aplicacion admisiónalumnado.

 

Data: 
Sáb, 14/01/2023 - 11:00

Boas festas e feliz 2023!

Vémonos o luns 9 de xaneiro de 2023!

 

Nova web

Benvidos á nova páxina web do noso IES. Nova estrutura, formato e contidos para adaptala aos novos tempos e necesidades, e cos que agardamos se convirta en orgulloso lugar de encontro e de servizo para toda a comunidade educativa do noso centro. Nestes primeiros días, como é lóxico, estaremos aínda facendo axustes, pero desde xa mesmo convidámosvos a navegar por ela segundo os vosos intereses e roles. Desexamos que vos resulte atractiva, intuitiva e útil, e que vos ilusione tanto como a nós.

Na Benvida, contámosvos un pouco máis.

Días non lectivos

Estimadas familias: lembramos que os vindeiros luns 5, martes 6 e xoves 8 de decembro, serán días non lectivos.

Por outra parte, comunicamos tamén que o último día lectivo do ano será o xoves 22, comezando as vacacións de Nadal ao día seguinte, venres 23 de decembro.

Reparto froita fresca e leite (primeiro período)

Hoxe comeza o primeiro período de reparto de froita fresca e leite deste curso. Dende hoxe e ata o venres 2 de decembro repartirase froita fresca nos recreos, que estará dispoñible na entrada do centro. No caso do leite, período de reparto estenderase ata o mércores 21 de decembro.

Convocatoria de eleccións a membros do Consello Escolar 2022

 

Convocadas as eleccións aos membros do Consello Escolar 2022, cos seguintes representantes a renovar:

  • 3 profesoras/es
  • 2 nais/pais/titores legais
  • 2 alumnas/os


Importante:

  1. Os censos de electores/as están publicados no taboleiro da Secretaría do centro desde hoxe. Comproba que figuras na listaxe e, se non fose así ou houbese algún erro, presenta a túa reclamación na Secretaría, do 10 ao 17 de novembro.
  2. Podes presentar a túa candidatura a ser elixida/o cubrindo e entregando o impreso dispoñible na Secretaría, só desde o día 11 ao 18 de novembro.
  3. A xornada de votacións, para todos os sectores, terá lugar o martes 29 de novembro.


Podes consultar toda a información do proceso electoral, na nosa web, premendo aquí (sección Novas, Eleccións 2022).

Animamos a toda a comunidade a participar na elección dos membros deste órgano representativo do centro.

Eleccións Consello Escolar 2022: sorteo membros da xunta electoral

Á comunidade educativa do noso IES:

Corresponde no curso 2022/23 efectuar a renovación dos consellos escolares dos centros sostidos con fondos públicos. No IES San Paio toca levar a cabo renovación parcial de membros nos seguintes sectores: profesorado, nais/pais e alumnado.

Mediante esta circular, enviada tamén a través de Abalar, comunícase a data e hora do sorteo público para a elección dos membros da Xunta Electoral, que serán os responsables de organizar e supervisar o procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar do noso IES. O sorteo terá lugar o VENRES 28 DE OUTUBRO DE 2022, ÁS 12.25 h, na sala de profesorado, e designarase unha persoa titular e outra suplente por cada sector (profesorado, nais/pais, alumnado e persoal non docente). O mesmo día 28 publicaranse os resultados.


Pode consultarse a circular completa de comunicación da data e hora do sorteo, e toda a información do proceso electoral, no taboleiro da Secretaría do centro ou na nosa páxina web (Novas, Eleccións 2022), na seguinte ligazón: http://www.edu.xunta.gal/centros/iessanpaio/node/2851

Animamos desde aquí a toda a comunidade educativa a que participe destas eleccións, xa que o Consello Escolar é o órgano de maior representación e constitúe unha boa maneira de contribuír a un mellor funcionamento do ensino público.

 

Ampliación axuda material escolar

 

O pasado venres 14 de outubro publicouse no DOGA a resolución do 5 de outubro de 2022 pola que se aproba a concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar.

Nesta resolución establécese que os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por importe de 50€ recibirán un vale adicional de 25€, que poderán pasar a recoller na Secretaría do centro a partir de hoxe, luns 17 de outubro, en horario de 9.00 a 14.00.

 

CALENDARIO HORAS DE LER (CURSO 22-23)

No seguinte enlace, podes ver o calendario das Horas de Ler para este curso 22-23.

Nova data de entrega de ordenadores E-Dixgal

A entrega de ordenadores ao alumnado de 1ESO terá lugar finalmente o vindeiro luns 12 de setembro ás 19.00 h a través das fiestras da aula da planta baixa da parte traseira do edificio. Cada unha das ventás corresponderase con un grupo (A, B, C e D).

Recórdase ás familias que o reparto farase exclusivamente á nai/pai/titor legal das/os alumnos/as, que deberán presentar o DNI e asinar o documento de entrega.

Na seguinte ligazón pódese atopar toda a información relativa ao Proxecto ABALAR, incluidos os aspectos relativos ao uso correcto do ordenador e á responsabilidade que implica dito uso, ao seguro voluntario que se pode contratar e instruccións sobre cómo proceder en caso de dúbidas ou avarías.

Finalmente, existe a posibilidade de contratar un seguro ou cobertura de Servicio Integral de Reparación. Premendo na ligazón pode consultarse toda a información sobre condicións e características do mesmo.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut