Skip to Content

Bolsas de residencia nos Centros Residenciais Docentes

 

Acábase de publicar a Orde de 16 de maio de 2023 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes de A Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudios postobligatorios non universitarios no curso 2023/24 (DOG núm. 106, de 6 de xuño).

Prazo para presentar solicitudes:

1. Para o alumnado matriculado en bacharelato: do 7 de xuño ao 12 de xullo de 2023.

2. Para o alumnado matriculado en ciclos formativos: do 7 de xuño ao 1 de agosto de 2023.

As solicitudes deberán dirixirse ao respectivo centro residencial docente.

Data: 
Xov, 08/06/2023 - 08:23

Calendario final para 1º Bacharelato

Achégase o final de curso e no caso de 1º Bacharelato presenta algunhas particularidades, polo que lembramos ás familias as datas máis relevantes, así como o feito de que as clases continúan para todo o alumnado deste curso ata o 21 de xuño.

  • Xoves 08: sesións de avaliación ordinaria
  • Venres 09: entrega de cualificacións · As clases continúan para TODO o alumnado ata o 21 de xuño
  • Luns 12 e martes 13: revisión de exames no centro
  • Xoves 15 e venres 16: reclamacións ante a XT
  • Luns 19, martes 20 e mércores 21: últimos días para probas de recuperación
  • Xoves 21: último día lectivo
  • Xoves 22 e venres 23: sesións de avaliación extraordinaria e comunicación de cualificacións
  • Luns 26 e martes 27: entrega de cualificacións e revisión de exames no centro
  • Xoves 29 e venres 30:reclamacións ante a XT

 

Data: 
Xov, 08/06/2023 - 06:26

Vales material

O venres pasado, 19 de maio, publicouse no DOGA a orde que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e as axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

A solicitude farase preferentemente en liña a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=ED330B e o prazo remata o vindeiro mércores 21 de xuño.

Recordamos que o alumnado do noso centro só ten dereito ás axudas para material escolar, xa que toda a ESO está dentro do programa de libro electrónico E-Dixgal.

Para resolver calquer dúbida pódese chamar ao centro en horario de 9:00 a 14:00.

Data: 
Lun, 22/05/2023 - 07:27

BOLSAS NEAE

Dende o pasado 8 de maio e ata o 20 de setembro de 2023 esta aberto o prazo para solicitar as bolsas de estudos para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo (NEAE). 

A solicitude farase de modo telemático no enderezo https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=1886.

Tendes toda a información no portal de bolsas de educación: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html

Data: 
Ven, 19/05/2023 - 09:57

Entrega Premios Biblioteca

 

Este martes 16 de maio, no segundo recreo, diante do maio farase entrega dos premios concedidos nas últimas semanas nos concursos organizados pola Biblioteca do IES San Paio. Non o perdas!

Data: 
Lun, 15/05/2023 - 10:33

Prematrícula 2023-24

Prematrícula

Para poder facer previsións de profesorado e optatividade, é necesario realizar unha prematrícula por parte do alumnado do centro. Esta complétase cubrindo o seguinte formulario (ata o 26 de maio):

 

Formulario para cubrir a prematrícula 2023-24

 

Lembra que:

  • Para o alumnado que se incorpora a 1ºESO non se realiza prematrícula.
  • En caso de presentar varias veces a prematrícula terase en conta só a última entregada.
  • En calquera caso, deberase realizar a matrícula oficial do 23 de xuño ao 7 de xullo (ambos incluídos).

Dúbidas:

Para resolver dúbidas sobre orientación educativa, podes contactar coa orientadora e sobre cuestións técnicas co secretario. En caso de non poder facelo no centro, podes escribirnos ao enderezo electrónico: ies.sanpaio@edu.xunta.gal

Data: 
Mér, 10/05/2023 - 03:11

Enquisa de Convivencia Escolar 2023

A Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025 inclúe o seguimento e avaliación da convivencia escolar en Galicia mediante a realización dunha enquisa bianual nos centros educativos para a elaboración dun posterior dun informe de diagnose.

A recollida de datos en cada centro farase, de xeito automatizado e totalmente anónimo, a través dunha enquisa a realizar antes do vindeiro luns 22 de maio, unha para cada sector da comunidade educativa: alumnado (que a fará na aula co seu profesorado titor), familias, profesorado e persoal non docente.

Para poder facer a enquisa correspondente ás FAMILIAS, seguiremos estes pasos:

  • Esta semana cada alumno/a levará para entregar na súa casa un impreso cunha clave ou código.
  • A nai/pai/responsable legal debe acceder á seguinte ligazón: https://edu.xunta.gal/convfamil
  • Responder ás preguntas e premer "Enviar" ao rematar o cuestionario.

Ante calquera dúbida, podes poñerte en contacto coa dirección do centro.

Grazas pola túa colaboración!

 

Data: 
Mér, 10/05/2023 - 13:15

Reparto de Froita Fresca e Leite - 2º período

 

O luns 8 de maio comeza o segundo período de reparto de froita fresca e leite deste curso. A froita repartirase dende o luns 8 ata o luns 22 de maio (ambos incluidos), mentres que o reparto de leite estenderase ata o luns 5 de xuño. Coma sempre, a froita e o leite estarán dispoñibles na entrada do centro para coller durante os recreos.

Data: 
Sáb, 06/05/2023 - 14:14

XII Xornadas Educativas -ANPAS

Data: 
Xov, 27/04/2023 - 13:09

AVISO - Desconvocada folga de transporte

Acaba de ser desconvocada a folga de transporte prevista para os días 27 e 28 de abril, polo que o transporte escolar funcionará con total normalidade nestes días.

Data: 
Mér, 26/04/2023 - 17:54
Distribuir contido


by Dr. Radut