Skip to Content

Obradoiro de familias. Estades a tempo de inscribirvos

Comenzamos o mércores, 31 de xaneiro os obradoiros para familias.

Aínda estás a tempo de apuntarte! Mais información:

ines.iglesias@iesxoanmontes.gal

obradoiro

Charla Enfado e límites. Imaxe de Marta Coria. CC BY-SA

 

PROCESO DE ADMISIÓN. 1ª FASE SOLICITUDE DE RESERVA

Solicitude de reserva de praza para alumnado procedente dos centros adscritos: CPR A Milagrosa, CEIP Plurilingüe Benigno Quiroga Ballesteros.

Prazo aberto do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro, ambos os dous incluídos.

Realízase no centro de orixe utilizando o Anexo I e Anexo I-bis (modelo ED550A)

Charla para familias e profesorado: aprender a separar para reciclar

O próximo xoves 8 de febreiro de 16:30 a 17:30 teremos no instituto unha charla de SOGAMA para aprender a separar os residuos e así poder reciclar máis e mellor.

Esta charla está orientada a profesorado e familias do IES Xoán Montes e enmárcase dentro dos programas Escola Verde e PFPP (formación do profesorado).

Para coñecer de antemán o número de participantes, agradécese a inscrición por medio do correo a martacoria@edu.xunta.gal 

Exposición A nosa arte de Afundación

O alumnado de 2ºBAC  da materia "Xeografía, Historia, Arte e Patrimonio de Galicia" visitou a exposición "A nosa arte" que recompila unha selección da colección de arte do Parlamento de Galicia. A guía explicounos as orixes da colección, en paralelo á constitución do Parlamento. Tivemos a ocasiónd e ver a obra de recoñecidos artistas como Laxeiro, Luis Seoane, Tino Grandío, Maside, etc.

Puidemos aprender a evolución da arte contemporánea galega dende estilos máis clasicistas e figurativos ata outras máis rupturistas e abstractas. 

arte

Charla USC: Intelixencia Artificial

Este Luns 15 de xaneiro o alumnado de Tecnoloxía, TICS e Dixitalizacion de 4°ESO e 1° Bacharelato acudiu ao salón de actos da Xunta para recibir unha charla sobre a Intelixencia Artificial polo profesor Nicolás Vila, onde relacionou as novas tecnoloxías coa mediciña e as súas posibles aplicacións.

charla

Charla sobre Intelixencia Artificial por Nicolás Vila. Fotografía de Marcos Rodríguez

Charla de Aresa dentro do programa Empresa familiar nas aulas

Hoxe 15 de xaneiro puidemos desfrutar da exposición de Carlota López, vicedirectora da empresa Aresa.

Explicounos a importancia da empresa familiar en Galicia e os valores deste tipo de empresas así como da súa actividade, das compañías que compoñen o grupo Aresa, dos datos económicos, da súa estructura organizativa e do comezo e a traxectoria da empresa.

Tamén falounos dos valores da empresa e dos retos aos que se enfrontan.

O alumnado que asistiu foi de 4º da ESO das materias  Economía e emprendemento e Formación e orientación persoal e profesional así como de 1º de bacharelato da materia  Economía e de 2º de bacharelato da materia Empresa e deseño de modelos de negocio. Puideron relacionar moitos dos conceptios que vemos na aula e preguntar dúbidas así que resultou unha actividade complementaria moi enriquecedora. 

Agradecemos que este curso puidésemos participar neste programa de tanto interese.

 Charla no salón do actos do multiusos da Xunta. Fotografía de Mª Beatriz López Soto

Falaremos...

No IES Xoán Montes falaremos do manexo do enfado e os límites con Carmen Sarmiento. Será o vindeiro mércores, 17 de xaneiro de 2024 de 20:00-21:30 na Biblioteca do centro.

Precísase reservar a praza antes do 15 de xaneiro no seguinte correo: ines.iglesias@iesxoanmontes.gal informando do voso nome, nome do fillo ou filla e curso no que está matriculado. Agardamos con ilusión a vosa asistencia.

cartaz

Punto de Información Xuvenil

Se eres alumno/a de 1º ESO ou 2º ESO precisas a traer a seguinte autorización asinada.

Distribuir contido


by Dr. Radut