Inicio
Benvidos a Ciclosadmisión
Ciclosadmision é unha aplicación desenvolvida pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, para xestionar:
- Admisión aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional específica en centros docentes sostidos con fondos públicos.
- Vídeo de axuda do asistente web para realizar unha solicitude de admisión a ciclos formativos. Prema aquí. Lembre que a normativa prevalece sobre calquera outra información. Este documento contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente.
- O periodo de admisión extraordinario só se abre para solicitar ciclos medios (consulte o calendario).
- Bolsas retorna:
- Para acceder ás bolsas retorna debe premer no menú no apartado 17, "Bolsas retorna" e seleccionar a opción desexada.
- Pode facer unha nova solicitude, apartado 17.1.
- Completar un borrador, apartado 17.2 (un borrador é unha solicitude non entregada).
- Consultar as solicitudes realizadas 17.3.
- Achegar documentación 17.4.
- Reenviar código de solicitude 17.5.
Para acceder á aplicación con usuario e contrasinal debe premerse na icona da esquina superior dereita:
Cando se lle solicite o DNI ou DOI (Documento oficial de identidade) deberá poñer sempre as letras en maiúsculas.
Na admisión a ciclos formativos durante o periodo de tempo comprendido entre a finalización dunha adxudicación e a seguinte as persoas inscritas aparecen no historial para o ano en curso como "Información non dispoñible temporalmente".
Admisión FP: Consulta de solicitudes validadas