Preguntas frecuentes



 

1. Que obteño se acudo a esta convocatoria?

Se me presento á modalidade A podo obter unha das 48 prazas para cursar estudos de formación profesional relacionados coa construción en Galicia e unha axuda económica. Os estudos realizaranse integramente en centros educativos galegos.

Se me presento á modalidade B podo obter unha das 60 prazas para cursar un ciclo de formación profesional Dual na modalidade semipresencial e a distancia, e unha axuda económica. Os estudos iniciaranse na modalidade a distancia (podo realizar esta primeira fase desde o meu país de orixe) e posteriormente viaxarei a Galicia para continuar eses estudos de forma semipresencial nun centro educativo galego e de forma presencial nunha empresa.

SÓ PODO SOLICITAR UNHA DAS DÚAS MODALIDADES.

Os estudos de formación profesional son formacións de carácter práctico que permiten obter as competencias necesarias para inserirse no mercado laboral.

Subir ao índice

2. Que estudos se ofertan?

Na modalidade A:

  • 16 prazas de formación específica básica de albanelaría e fontanaría, en A Coruña.

  • 16 prazas de formación específica básica de fontanaría, calefacción, electricidade e telecomunicacións en edificios, en Culleredo.

  • 16 prazas de formación específica básica de fontanaría, calefacción, electricidade e telecomunicacións en edificios, en Ferrol.

Na modalidade B:

  • 12 prazas no Ciclo superior de Deseño e Amoblamento, en Ferrol.

  • 12 prazas no Ciclo superior de Proxectos de edificación, en A Coruña.

  • 12 prazas no Ciclo superior de Desenvolvemento de proxectos de instalacións térmicas e de fluídos, en Culleredo.

  • 12 prazas no Ciclo superior de Xestión de aloxamentos turísticos en Vilamarín.

  • 12 prazas no Ciclo medio de Atención a persoas en situación de dependencia en Redondela.

Subir ao índice

3. Cal é o programa formativo dos estudos ofertados?

Para os estudos da modalidade A, os programas formativos son os seguintes:

- Formación específica básica de albanelaría e fontanaría (597 horas).

  • MF0276_1. Labores auxiliares de obra (50h)

  • MF0869_1. Pastas, morteiros, adhesivos e formigóns (30h)

  • MF0871_1. Tratamento de soportes para revestimento en construción (100h)

  • MF0872_1. Recebos e gornecidos "a boa vista" (Unidade Formativa UF0644, 60h)

  • MF0873_1. Pintura e materiais de imprimación e protectores en construción (120h)

  • MP0134. Módulo de prácticas profesionais non laborais (80h)

  • MP3024. Fontanaría e calefacción básica (157h)

- Formación específica básica de fontanaría, calefacción, electricidade e telecomunicacións en edificios (860 horas).

  • MF1154_1. Instalación de tubaxes (170 h)

  • MF1155_1. Instalación e mantemento de sanitarios e elementos de climatización (Unidades Formativas UF0411 e UF0412, 150h)

  • MP0090. Módulo de prácticas profesionais non laborais (160 h)

  • MF0816_1. Operacións de montaxe de instalacións eléctricas de baixa tensión e domóticas en edificios (150 h)

  • MF0817_1. Operacións de montaxe de instalacións de telecomunicacións (Unidades Formativas UF0540 e UF0541, 150h)

  • MP0118. Módulo de prácticas profesionais non laborais (80 h)


 

Para os estudos da modalidade B, os programas formativos poden consultarse nas seguintes ligazóns:

- Ciclo superior de Deseño e amoblamento

  • https://www.edu.xunta.gal/fp/ciclo/SMAM01

- Ciclo superior de Proxectos de edificación

  • https://www.edu.xunta.gal/fp/ciclo/SEOC01

- Ciclo superior de Desenvolvemento de proxectos de instalacións térmicas e de fluídos

  • https://www.edu.xunta.gal/fp/ciclo/SIMA01

- Ciclo superior de Xestión de aloxamentos turísticos

  • https://www.edu.xunta.gal/fp/ciclo/SHOT01

- Ciclo medio de Atención a persoas en situación de dependencia

  • https://www.edu.xunta.gal/fp/ciclo/MSSC01

Subir ao índice

4. Canto duran eses estudos?

Os programas formativos da modalidade A teñen unha duración de entre 597 e 860 horas, a desenvolver no curso académico 2024/2025.

Os programas formativos da modalidade B teñen unha duración de 2.000 horas, a desenvolver en dous cursos académicos: 2024/25 e 2025/26.

 

Subir ao índice

5. De canto é a axuda económica e cando se cobra?

Na modalidade A, a axuda económica é de 6.500 €.

Cóbrase en dous pagamentos, o primeiro de 3.700 € unha vez que a persoa seleccionada comece a formación en Galicia, no último trimestre de 2024, e o segundo pagamento de 2.800 € antes de rematar a formación, no ano 2025.

 

Na modalidade B, a bolsa é de 10.800 €.

Cóbrase en catro pagamentos: 1º pagamento de 3.500 euros, no 1º trimestre de 2025; 2º pagamento, de 2.700 euros antes de rematar o curso 2024/25; 3º pagamento, de 2.300 euros, no 1º trimestre de 2025; 4º pagamento, de 2.300 euros, antes de rematar o curso 2025/26.

Subir ao índice

6. Que requisitos debo cumprir para presentarme a esta convocatoria?

  • Ser menor de 45 anos.

  • Ter nacionalidade española.

  • Residir no estranxeiro nos 2 últimos anos.

  • Ter vinculación con Galicia (ou ben nacido en Galicia, ou ben ter residido en Galicia de forma continuada durante 10 anos ou máis antes de emigrar, ou ben ser descendente por consanguinidade de emigrante nacido/a en Galicia).

  • No caso das persoas nacidas no estranxeiro, estar vinculadas a un concello galego.

  • No caso das persoas solicitantes da modalidade B, estar en posesión dalgunha das titulacións que dan acceso ao ciclo formativo correspondente segundo se recolle no artigo 4g da convocatoria: Título de Bacharelato para os ciclos superiores, e de Secundaria para o ciclo medio HOMOLOGADOS en España ou en trámites de homologación.

Subir ao índice

7. Como acredito a vinculación con Galicia?

  • As persoas nacidas en Galicia, co seu DNI español, pasaporte español ou certificado de nacemento.

  • As persoas que non naceran en Galicia pero que residisen 10 anos seguidos en Galicia, co certificado histórico de empadroamento do concello ou concellos galegos onde residiron.

  • As persoas descendentes de galegos/as, cos documentos que acrediten toda a liña descendente desde a persoa nacida en Galicia ata a persoa solicitante (certificados de nacemento, libros de familia, etc.).

  • As persoas nacidas no estranxeiro, deberán presentar ademais a documentación acreditativa da súa vinculación cun concello galego no Padrón de Españois Residentes no Estranxeiro (PERE), ou calquera outra documentación acreditativa deste aspecto.

Subir ao índice

8. Que prazo teño para presentarme a esta convocatoria?

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o 14 de marzo de 2024 ata ás 23:59 h (hora peninsular española) do 13 de maio de 2024.

Subir ao índice

9. Como podo presentar a miña solicitude?

De forma telemática a través do sistema de admisión a ensinanzas de formación profesional, accesible en:

 (https://www.edu.xunta.gal/ciclosadmision) opción  -> 17 Programa retorna talento FP

Subir ao índice

10. Son estudos oficiais?

Si, todos os estudos son oficiais.

Os estudos da modalidade A son ensinanzas acreditables de acordo ao Catálogo Nacional de Competencias Profesionais, e por tanto con validez en todo o territorio español, de nivel 1 (por tanto que garanten competencias básicas en actividades simples).

Os estudos da modalidade B son ciclos formativos de formación profesional de grao medio e superior. Ao superar un ciclo formativo de grao medio obtense o Título de Técnico, mentres que ao superar un ciclo formativo de grao superior obtense o Título de Técnico Superior.

Subir ao índice

11. Nesta formación, realízanse prácticas en empresas?

Si, en todas as formacións hai formación práctica en empresas.

Subir ao índice

12. Que se ten en conta para a adxudicación das prazas dispoñibles?

Para a modalidade A terase en conta:

  • O grao de vinculación con Galicia da persoa solicitante.

  • A experiencia laboral relacionada co sector da construción da persoa solicitante, se a tivese.

  • A formación previa relacionada co sector da construción da persoa solicitante, se a tivese.

 

Para a modalidade B, as persoas solicitantes que cumpran cos requisitos esixidos na convocatoria, serán convocadas a unha entrevista individual por videoconferencia coas empresas participantes na formación dual do ciclo solicitado de forma preferente.  A empresa seleccionará ás persoas que teñan o perfil que mellor se adapte ás características da actividade propia da empresa,  comunicando previamente ás persoas candidatas os criterios e os procedementos utilizados na selección.

Subir ao índice

13. Con quen podo contactar se teño dúbidas?

A través do correo electrónico retorna.talento.fp@edu.xunta.gal

Subir ao índice