Inicio


Benvidos a Ciclosadmisión (Curso 2023-2024)

Ciclosadmision é unha aplicación desenvolvida pola Consellería de  Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para xestionar:

  • Admisión aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional específica en centros docentes sostidos con fondos públicos. 
    • O asistente web para realizar unha solicitude de admisión a ciclos formativos só estará dispoñible durante os períodos de presentación de solicitudes.
    • Vídeo de axuda do asistente web para realizar unha solicitude de admisión a ciclos formativos. Prema aquí
  • Admisión centralizada, é dicir, a través deste asistente web, afecta a:
    • 1º curso de réxime ordinario.
    • Réxime para persoas adultas, tanto modalidade presencial como semipresencial ou a distancia.
    • 1º curso de FP dual.
    • Cursos de especialización.
    • Probas libres de títulos LOE (habitualmente no mes de abril).
  • Reclamacións: A aplicación informática Ciclosadmisión permitirá a todas as persoas con solicitude facer unha reclamación se o estiman pertinente . Esta opción só estará dispoñible durante os períodos de reclamacións establecidos. Instrucións para realizar reclamacións.
  • Na admisión a ciclos formativos durante o período de tempo comprendido entre a finalización dunha adxudicación e a seguinte, así como antes da 1ª adxudicación, as persoas inscritas non poderán acceder á aplicación.
  • Admisión non centralizada (entrega presencial no centro de matrícula) unicamente no caso de 2º curso de réxime ordinario e de FP dual. É dicir, entregar unha solicitude en man no centro de matrícula pedindo só un ciclo dese centro.
  • Recomendámoslle que verifique no calendario de admisión os acontecementos relevantes do procedemento de admisión:

Máis información:

 

  • Lembre que a normativa prevalece sobre calquera outra información. As axudas desta aplicación conteñen información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente.

 

 

PROGRAMA RETORNA TALENTO FP - CONVOCATORIA 2024/25

Programa de bolsas para menores de 45 anos residentes no estranxeiro, que poderán iniciar en Galicia estudos de FP, que se ofertarán en dúas modalidades:

Modalidade A

Bolsas de 6.500 euros para cursar programas específicos de formación profesional:

  • Formación específica básica de albanelaría e fontanería (597 horas), en A Coruña
  • Formación específica básica de fontanería, calefacción, electricidade e telecomunicacións en edificios (860 horas) en Ferrol, A Coruña.

  • Formación específica básica de fontanería, calefacción, electricidade e telecomunicacións en edificios (860 horas) en Culleredo, A Coruña.

Non hai requisitos de titulación.

Valorarase a experiencia laboral e formación relacionada coa praza que se solicite.

Modalidade B

Bolsas de 10.800 euros para cursar un ciclo oficial de FP en modalidade semipresencial e a distancia dual.

Nesta modalidade a formación terá unha duración de dous cursos académicos. Durante o curso 2024/25, o alumnado cursará un período inicial na modalidade semipresencial e a distancia, que poderá desenvolver desde o seu país de residencia, seguido dun período na modalidade presencial dual, que se desenvolverá na empresa. O curso 2025/265 desenvolverase na modalidade semipresencial e a distancia dual, cunha primeira parte de formación no centro educativo seguido dunha formación no centro de traballo.

Os ciclos que se ofertarán son:

  • Ciclo superior de Deseño e Amoblamento, en Ferrol, A Coruña.

  • Ciclo superior de Proxectos de edificación, en A Coruña.

  • Ciclo superior de Desenvolvemento de proxectos de instalacións térmicas e de fluídos, en Culleredo, A Coruña.

  • Ciclo superior de Xestión de aloxamentos turísticos en Vilamarín, Ourense.

  • Ciclo medio de Atención a persoas en situación de dependencia en Redondela, Pontevedra.

Para optar a esta axuda é necesario acreditar titulación homologada ou en proceso de homologación (Título da ESO ou equivalente para ciclos medios, e título de bachiller ou equivalente para ciclos superiores)

 

 

 

 


Admisión FP: Ver código persoal de consulta

Admisión FP: Consulta de solicitudes realizadas

Admisión FP: Consulta de solicitudes validadas