Robótica con Arduino

Data: 
domingo, 27 de marzo de 2022
Lugar: 
As Pontes

O 27 de marzo terá lugar en Amigus Labs na Praza do Hospital 14 (As Pontes), un obradoiro sobre Robótica con Arduino.

O obxectivo do obradoiro é fomentar o interese e o achegamento dos nenos de maneira lúdica ao mundo da robótica e a programación, descubrindo a linguaxe en bloque, as matemáticas, a ciencia e a tecnoloxía de forma divertida e colaborativa.

O alumnado experimentará e comprobará de primeira man como programar este tipo de robots. Para entender o funcionamento do robot realizaranse unhas prácticas nas que se mostrarán os conceptos básicos da programación deste e a súa versatilidade.

A idade recomendada é de 8 a 12 anos.

O curso é gratuíto e as inscricións formalizaranse por orde de rexistro en amiguslabs.org.

Máis información

 

Palabras clave: