Proxecto A Mariña Emprende. Formación do profesorado

Nos meses de marzo e abril desenvolveranse actividades formativas dentro do marco do proxecto A Mariña emprende dirixidas ao profesorado dos centros participantes neste proxecto.

12 de marzo:
A actividade Plan de empresa: puntos chave, na que estaban inscritos 27 docentes tivo lugar no IES María Sarmiento de Viveiro. Esta actividade, impartida por Dna. Ánxela Martínez, continuou o próximo mércores 19 de marzo.
Os obxectivos de esta actividade:

- Estudar a confección dun plan de empresa

- Definir principios de contabilidade básica

- Xestionar empresas: Open ERP

3 de abril:
A actividade Ferramentas tecnolóxicas de xestión empresarial, na que estaban inscritos 30 docentes tivo lugar no IES de Foz. Esta actividade continuou o 10 de abril.
Os obxectivos de esta actividade:

- Coñecer as ferramentas de xestión empresarial: ERP, CRM

- Definir as estratexias para a consecución de expectativas fixadas

- Elaborar conclusións baseadas nos resultados obtidos

23 de abril:
A actividade Motivación e iniciativa para emprendedores, na que estaban inscritos 19 docentes tivo lugar no CIFP Porta da Auga, de Burela. Esta actividade continuou o 30 de abril.
Os obxectivos de esta actividade:

- Traballar e manter as visións  e actitudes adecuadas para conseguir os resultados desexados

- Conseguir a motivación para afrontar o día a día con independencia da realidade

- Facilitar e fomentar a cultura do atrevemento, a innovación e a creatividade

- Máis información sobre o proxecto

Prema na seguinte imaxe para acceder ao resto do álbum fotográfico.

  • Proxecto A Mariña Emprende. Formación do profesorado. IES María Sarmiento
  • Proxecto A Mariña Emprende. Formación do profesorado. IES María Sarmiento
  • Proxecto A Mariña Emprende. Formación do profesorado. IES María Sarmiento
Etiquetas: 
Multimedia: