Campionato Galego de Formación Profesional GaliciaSkills 2020

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade convoca o 6º Campionato Galego de Formación Profesional, Galiciaskills 2020, tras o éxito conseguido nas anteriores convocatorias e referendado polos nosos competidores/as nas edicións dos campionatos nacionais Spainskills e pola presenza de alumnado galego nos campionatos internacionais Worldskills e Euroskills.

Organizado pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Galiciaskills 2020 pretende darlle unha maior proxección e difusión á formación profesional que se imparte en Galicia.

Este é un campionato eminentemente práctico e consistirá no desenvolvemento de 30 competicións relacionadas coas especialidades de formación profesional, nas que o alumnado participante medirá as súas destrezas e demostrará as súas capacidades na realización das correspondentes probas.

Galiciaskills 2020 celebrarase en Silleda, no recinto Feira Internacional de Galicia Abanca, no mes de novembro de 2020.

Os centros que queiran presentar competidores/as a calquera das competicións que se desenvolverán en Galiciaskills 2020 deberán facer efectiva a súa participación cubrindo unha solicitude de inscrición por cada skill no que participen.

Esta deberá remitirse, antes do día 31 de marzo de 2020, ao seguinte enderezo de correo electrónico galiciaskills@edu.xunta.gal.

Etiquetas: