Galiciaskills 2023. 7º Campionato Galego de Formación Profesional

GaliciaSkills23

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca o 7º Campionato Galego de Formación Profesional, Galiciaskills 2023, que se celebrará no recinto Feira Internacional Abanca de Silleda durante os días 25, 26 e 27 de outubro de 2023.

Organizado pola Dirección Xeral de Formación Profesional, Galiciaskills 2023 pretende darlle unha maior proxección e difusión á formación profesional que se imparte en Galicia.

Este é un campionato eminentemente práctico, que consistirá no desenvolvemento de 27 competicións relacionadas coas especialidades de formación profesional, nas que o alumnado participante porá a proba as súas destrezas a través da realización de diversas probas de habilidades e coñecementos vinculadas a súa área de formación.

Ademais das competicións oficiais, desenvolveranse simultaneamente 8 competicións en formato exhibición para alumnado de ciclos formativos e 4 competicións destinadas a alumnado de programas formativos básicos.

Os centros que queiran participar deberán presentar unha solicitude por cada competición, cubrindo o formulario de inscrición, que estará dispoñible ata o 15 de maio de 2023.