Eduemprende Atrévete 2014 - 2015. Información xeral

Este programa que se desenvolve no marco do Plan eduemprende vai dirixido a fomentar, motivar e sensibilizar ao alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria no espírito emprendedor.

Quen o organiza?

Esta acción establécese dentro dun ámbito de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e diferentes asociacións empresariais en
favor do impulso da cultura emprendedora entre o alumnado e darlle a coñecer ao tecido empresarial da súa contorna.
 

Obxectivo

O obxectivo deste programa é dar a coñecer ao alumnado directamente e a través do profesorado o tecido industrial da súa contorna, en concreto as empresas das diferentes
asociacións empresariais colaboradoras, e sensibilizar á comunidade educativa da importancia de construír e fomentar unha nova cultura emprendedora.
 

Destinatarios

Alumnado de 6º de Educación Primaria e 2º de Educación Secundaria Obrigatoria dos centros educativos sostidos con fondos públicos.
 

Número de prazas*

O número máximo de alumnos/as por centro y visita será:

  • 6º de Educación Primaria: máximo 50
  • 2º de Educación Secundaria Obrigatoria: máximo 50

*Este número de alumnos/as poderá variar en función da empresa visitada.

Calendario do programa

  • Xornadas de fomento do emprendemento para 2º curso de Educación Secundaria.
    Desenvolveranse todos os venres dende novembro de 2014 ata maio de 2015.
  • Actividades de fomento do emprendemento para 6º de Educación Primaria:
    Desenvolveranse todos os venres dende novembro de 2014 ata maio de 2015.
  • Concurso “Atrévete a ter unha idea”:
    Dirixido ao alumnado participante neste programa. Consiste en buscar unha boa idea de negocio, redactada como máximo en dous folios. Os traballos serán individuais.
    Premiarase con dous e-books, en cada caso, as dúas mellores ideas de 6º de Educación Primaria e de 2º curso de ESO.
    En xuño levarase a cabo a clausura do programa nun acto público ao que estarán invitados representantes do mundo da empresa e da Administración educativa.
    Durante o acto farase entrega dos premios do concurso.

Pode descargar o programa das diferentes actividades: Programa de actividades.

Solicitude

As solicitudes enviaranse ao enderezo electrónico eduemprende@edu.xunta.es, co seguinte asunto: PROGRAMA ATRÉVETE .
O prazo de solicitude remata o 30 de setembro de 2014 ampliouse ata o día 15 de outubro de 2015.
Na solicitude debe figurar os seguintes datos:

- Denominación do centro
- Persoa de contacto
- Teléfono de contacto
- Número de alumnos/as participantes
- Curso
- Data de preferencia
- Enderezo electrónico de contacto

Selección dos centros

Os centros seleccionaranse segundo a orde de entrada da solicitude no enderezo sinalado tendo en conta que se asignará unha visita por nivel. No caso de que queden prazas vacantes poderase
adxudicar máis dunha visita.

 


Programa financiado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e cofinanciado polo Fondo Social Europeo

Etiquetas: