Xornadas de fomento do emprendemento

Dirixidas ao alumnado de segundo curso da educación secundaria obrigatoria.

Consisten na realización de visitas á Asociación de Empresarios da Área Empresarial do Tambre e a varias empresas da zona industrial.

Cando serán?

As xornadas de fomento do emprendemento para segundo curso da educación secundaria obrigatoria desenvolveranse o derradeiro venres de xaneiro (día 31) e todos os venres de febreiro (días 7, 14, 21 e 28) de 2014.

Que faremos?

10:00h - Chegada á Asociación Área Empresarial do Tambre

10:30h - Reunión cun emprendedor ou cunha emprendedora

11:00h - Visita a unha empresa do Área Empresarial do Tambre

Desenvolvemento das actividades e galería de imaxes

Etiquetas: