Entrega de premios a proxectos de empresa Eduemprende Idea 2015

O Centro de Innovación Cultural, da Cidade da Cultura de Galicia, acolleu hoxe a entrega dos premios a proxectos de empresa Eduemprende Idea, correspondentes ao ano 2015, convocados  pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e co asesoramento técnico do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).

O acto contou coa presenza do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Don Román Rodríguez González, acompañado polo director xeral de Educación, Formación Profesional e Ordenación Educativa, Don  Manuel Corredoira López, o director da Área de Competitividade do IGAPE, Don Norberto Penedo Rey  e a subdirectora xeral de Formación Profesional, Dona Eugenia Pérez Fernández.

O programa IDEA , que é unha actuación enmarcada  no Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia "Eduemprende", articúlase como un concurso que nace co ánimo de impulsar o espírito emprendedor e a posta en marcha de proxectos empresariais entre o alumnado dos ciclos formativos de Formación Profesional, e das ensinanzas deportivas e de artes plásticas e deseño da nosa comunidade autónoma. Estes premios levan consigo a incorporación ás instalacións e aos servizos da Rede de Viveiros de Empresa en Centros Educativos da Consellería  de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e o asesoramento técnico do persoal do IGAPE, así como unha dotación económica que facilitará a posta en marcha destes proxectos.

 Acceda a nova no  portal educativo

Etiquetas: