GaliciaSkills 2010

No mes de novembro de 2010 celebrouse en Galicia o I Campionato Galego da Formación Profesional, GaliciaSkills 2010.

O campionato consistíu en 12 competicións que se desenvolveron en centros educativos que impartían formación profesional da especialidade correspondente, competindo alumnado de formación profesional.

GaliciaSkills forma parte da organización nacional SpainSkills xunto co resto das comunidades autónomas e as cidades autónomas de Ceuta e Melilla.

Medallas do I Campionato de FP de Galicia: GaliciaSkills 2010

Skill Nº13: Reparación de carrozarías de vehículos.

Ouro: Iván Picallo Cabalo do IES Ferrolterra.
Titor: Juan Asensio Goicoechea. 

Prata: Manuel Carro Moreira do IES As Mariñas.
Titor: Francisco Cal Ansede.

Bronce: Xavier Díaz López do IES As Mercedes.
Titora: Mercedes Álvarez Uría.

Skill Nº17: Deseño web.

Ouro: Gabriel Morales Rey do IES San Clemente.
Titor: Antonio Ricoy Riego. 

Prata: Josué Vázquez Rendo do IES Ramón María Aller Ulloa.
Titor: José Manuel Sierra González.

Skill Nº24: Ebanistaría.

Ouro: Rubén González Nóvoa do CIFP Politécnico de Santiago.
Titor: José Antonio Rial Neira.

Prata: José Manuel Outeda Abilleira do IES A Xunqueira.
Titor: José Manuel Minguez Santos.

Bronce: Joel García Galán do IES Politécnico de Lugo.
Titora: Cándida Figueroa Oliveira.

Skill Nº25: Carpintaría.

Ouro: José Antonio Folgueira Carballeira do IES Politécnico de Lugo.
Titora: Cándida Figueroa Oliveira. 

Prata: Daniel Somoza López do IES A Xunqueira.
Titor: Isidoro Dios Rodiño.

Bronce: Tomás Suárez Viaño do CIFP Politécnico de Santiago.
Titor: Juan Carlos Rodríguez Queijas.

Skill Nº29: Peiteado.

Ouro: Sonia Villanueva Fernández do IES Frei Martín Sarmiento.
Titora: Evangelina González Andión. 

Prata: Miguel Silva Caamaño do IES Teis.
Titora: Mercedes Pose Recarey. 

Bronce: Luis Martínez Varela do CIFP Someso.
Titora: Ana Mª Pardellas Díaz.

Skill Nº30: Coidados de beleza.

Ouro: Andrea Rial Otero do IES Teis.
Titora: Antonieta Fernández Justo. 

Prata: Raquel Rodríguez Seijo do CIFP Someso.
Titora: Mª Monserrat Lourido Nieto. 

Bronce: Lorena Diz Estévez do IES Johan Carballeira.
Titora: Paz Montenegro Rodal.

Skill Nº31: Tecnoloxía da moda.

Ouro: Angela Ourens Verdes do IES Paseo das Pontes.
Titora: Ana Isabel Fernández Martínez. 

Prata: Lidia Zas Abeijón do IES Paseo das Pontes.
Titora: Joaquina Fretes Montero. 

Skill Nº33: Tecnoloxía do automóbil.

Ouro: Isaac Álvarez Céspedes do IES Ferrolterra.
Titor: Jesús Sánchez de Toca. 

Prata: Iris Porta García do IES As Mariñas.
Titor: Manuel Fuentes Rebón. 

Bronce: Jéssica López González do IES Pedra da Auga.
Titor: J. Carlos Rodríguez González.

Skill Nº34: Cociña.

Ouro: David Gesto Martínez do IES Fraga do Eume.
Titor: Juan M. Crujeiras Lista. 

Prata: José Manuel Lapón Sampredo do CIFP Carlos Oroza.
Titor: Jorge Sánchez Verdeal. 

Bronce: Mª Eugenia Rivera Duro do CIFP Compostela.
Titora: Rafael Brantuas Canay.

Skill Nº35: Servizo de restaurante e bar.

Ouro: Guillermo González Gómez do IES de Vilamarín.
Titor: Diego Mosquera Miramontes. 

Prata: Antia Muñoz González do IES Manuel Antonio.
Titor: Manuel Fachado Rubio. 

Bronce: Elena Naranjo Triñanes do CIFP Carlos Oroza.
Titor: José Manuel Rey Castro.

Skill Nº36: Pintura de vehículos.

Ouro: Alejandro Pico García do IES As Mercedes.
Titor: Manuel Vega Fernández. 

Prata: Martín Martínez Rodríguez do IES A Sangriña.
Titor: José Manuel Domínguez Rebón. 

Bronce: Alejandro Iglesias Sánchez do CIFP Politecnico de Santiago.
Titora: Fernando Bello Lllorente.

Skill Nº39: TI PC Soporte de rede. 

Ouro: Ismael Castiñeira Álvarez do IES Isidro Parga Pondal.
Titor: Juan Francisco Puentes Calvo. 

Prata: Damián Buceta Suárez do IES San Clemente.
Titor: Jesús Arribi Vilela. 

Bronce: Michel Vila Gomes do IES Isidro Parga Pondal.
Titora: Juan Francisco Puentes Calvo.

Requisitos de participación

Cada centro poderá presentar a este campionato un alumno por skill, dependendo dos ciclos formativos que imparta. O alumno poderá cumprir como máximo 21 anos no ano 2010.

Os competidores serán alumnos matriculados no centro que representan.

Ao competidor acompañarao un profesor do centro, que actuará como titor e que se encargará da preparación do alumno para competir. Non poderá existir ningún tipo de contacto nin intercambio de información durante a realización das probas entre o profesor e o seu alumno.

Deberá haber un compromiso do centro e do titor para preparar e formar o alumno gañador de cara á súa participación no campionato nacional da formación profesional SpainSkills, que se celebrará en abril de 2011, conforme as directrices técnicas dese campionato.

 
 
Comité organizador
O comité organizador está constituído por persoal da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, e representantes das empresas patrocinadoras naqueles skills en que se conte coa súa colaboración.
 
 
Solicitude de participación
Os centros que queiran presentar competidor a calquera dos skills relacionados deberán facer efectiva a súa participación en GaliciaSkills 2010 cubrindo a seguinte solicitude de inscrición.

Solicitude de inscrición

 
Logo de cuberta esta solicitude enviarase ao seguinte enderezo de correo electrónico  sxopre@edu.xunta.es . O prazo de remisión finalizará o día 8 de outubro de 2010. No caso dos tres skills relacionados co automóbil, ver as bases da competición.
 
 
Xurado
Para cada skill haberá un xurado responsable da avaliación dos participantes, que será nomeado pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. Estará composto por profesorado de formación profesional dos ciclos formativos correspondentes e profesionais recoñecidos do sector. A súa decisión será inapelable.
 
 
Premios
Haberá tres premios por cada skill (primeiro, segundo e terceiro clasificado), que recibirán a correspondente certificación. Todos os alumnos premiados recibirán un obsequio.
 
O primeiro clasificado de cada skill representará a Comunidade Autónoma de Galicia no Campionato Nacional da Formación Profesional que se celebrará en Madrid no mes de abril de 2011.
 
Todos os participantes recibirán un diploma acreditativo de ter participado en GaliciaSkills 2010.
 
 
Información específica de cada skill
O campionato autonómico celebrarase ao longo do mes de novembro, dependendo de cada skill; desenvolverase nos centros educativos e nalgún caso nas instalacións de empresas.
 
Estes campionatos levaranse a cabo tomando como referencia as descricións técnicas e as probas de referencia que se van utilizar en SpainSkills.

 

Listaxe de participantes do I Campionato de FP de GaliciaSkills 2010

Galicia participará nos campionatos nacionais SpainSkills 2011 en 12 skills ou especialidades. O alumnado gañador das medallas de ouro en cada un dos referidos skills  será quen nos represente, e que, xunto con tres xefes de equipo (profesores titores) conformarán o equipo galego en SpainSkills.

Etiquetas: