GaliciaSkills 2018. Comezo do V Campionato Galego de Formación Profesional

Hoxe, 28 de novembro de 2018, comeza GaliciaSkills 2018, quinta edición do Campionato Galego de Formación Profesional, na que participan 136 alumnos e alumnas de 52 centros educativos, que compiten en 26 especialidades.

O alumnado gañador en cada modalidade conformará o equipo que representará a Galicia no campionato SpainSkills 2019, que se celebrará en Madrid en febreiro de 2019.

Todas as competicións desenvólvense no pavillón 2 do recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, de 10:00 a 14:00 h as mañás do mércores e do xoves e de 16:00 a 19:00 h a tarde do mércores.

Durante a celebración do campionato contarase tamén con catro obradoiros: robótica (CIFP Ferrolterra), artes gráficas (IES Leixa), imaxe persoal (CIFP Someso) e drons (CIFP As Mercedes); así como tres stands con demostracións: animación 3D, simulación de vernizado e innovación na cociña (CIFP Carlos Oroza).

A cobertura audiovisual do evento está realizada por alumnado e profesorado do CIFP Imaxe e Son e da recepción de visitas de centros educativos farase cargo alumnado e profesorado do IES Plurilingüe Pintor Colmeiro.

Etiquetas: