Innovación na formación profesional

Os continuos e rápidos avances tecnolóxicos que se están a dar na sociedade e no mercado laboral esixen unha formación profesional en permanente evolución, integradora de novas ideas e tendencias e con capacidade para adaptarse as cambiantes necesidades do mundo produtivo.

A innovación tecnolóxica na formación profesional deberá permitir a transformación do coñecemento e da creatividade na mellora de procesos, produtos ou servizos que podan supoñer un incremento da competitividade das nosas empresas, á vez que facilitará unha formación de calidade, na que galegos e galegas vexan mellorada a súa empregabilidade e as súas posibilidades de proxección e inserción profesional.

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades pretende impulsar a aparición de iniciativas e proxectos innovadores no ámbito da formación profesional, entre outras accións, mediante a convocatoria de premios a proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica.

 

Convocatoria 2024


Etiquetas: