Inscrición GaliciaSkills 2023

O prazo para cubrir o formulario está pechado.

Debe cubrirse este formulario por cada unha das competicións nas que o centro queira participar no 7º Campionato Galego de Formación Profesional, Galiciaskills 2023.

Os datos recollidos neste formulario serán empregados pola Dirección Xeral de Formación Profesional para xestionar a participación dos/das competidores/as no Campionato Galego de Formación Profesional, Galiciaskills 2023. Os nomes dos/das competidores/as e dos/das titores/as poderán ser empregados para realizar difusión do campionato a través do Portal FP, do Portal Educativo e dos perfís en redes sociais dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

O prazo de inscrición remata o día 15 de maio de 2023.