Convocatoria 2020

Introdución

Na Orde do 16 de marzo de 2011, da Consellería de Economía e Industria, establé­cese que a consellería competente regulará mediante orde o procedemento e a convo­catoria para a realización dos exames encamiñados á obtención tanto dos carnés como de calquera outra habilitación profesional necesaria no ámbito da seguridade industrial

O acordo de coordinación asinado o 9 de abril de 2010 entre a Consellería de Econo­mía e Industria e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, faculta a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para reali­zar as convocatorias anuais para a obtención dos carnés profesionais e das habilitacións profesionais polo procedemento de exame.

O Decreto 100/2011, do 19 de maio, polo que se regula a distribución de competencias en materia de expedición de certificados para a comercialización e manipulación de gases fluorados e equipamentos baseados neles, establece que a consellería con competencia en materia de educación será o órgano competente para convocar as probas teórico-prácticas necesarias para a obtención de determinadas certificacións.

Orde da convocatoria do 2020

Orde do 20 de xaneiro de 2020 pola que se convocan probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2020 (código de procedemento ED527A).

Especialidades da primeira convocatoria 2020

 Carnés profesionais que se convocan:

  • Carné profesional de operador/a de guindastre torre
  • Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría A
  • Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría B

Habilitacións profesionais que se convocan:

  • Operador/a industrial de caldeiras

Especialidades da segunda convocatoria 2020

 Carnés profesionais que se convocan:

  • Carné profesional en instalacións térmicas de edificios
  • Carné profesional de operador/a de guindastre torre
  • Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría A
  • Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría B

Habilitacións profesionais que se convocan:

  • Operador/a industrial de caldeiras
  • Instalador/a de gas, categoría A
  • Instalador/a de gas, categoría B
  • Instalador/a de gas, categoría C
  • Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría I
  • Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría II
  • Reparador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría III
  • Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de calquera carga de refrixerantes fluorados
  • Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga de refrixerante inferior a tres quilogramos de gases fluorados
  • Manipulador/a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías de calquera carga de refrixerantes fluorados
  • Manipulador/a en equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías que empreguen menos de tres quilogramos de refrixerantes fluorados

Prazo e lugar de presentación de solicitudes

  • Para a primeira convocatoria o prazo para presentar solicitudes será desde o día 17 de febreiro ao día 3 de marzo de 2020, ambos os dous incluídos.
  • Para a segunda convocatoria o prazo para presentar solicitudes será desde o día 22 de xuño ao día 3 de xullo de 2020, ambos os dous incluídos.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16 da Ley  39/2015,  do  1  de  outubro,  do  Procedemento  Administrativo Común das Administracións Públicas, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

As solicitudes irán dirixidas á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

  • Solicitude de inscrición. Anexo I
  • Modelo de certificación de actividades desenvolvidas na empresa. Anexo II

Importante: Recoméndase descargar os ficheiros pdf dos Anexos I e II para evitar problemas cos visores pdf dos navegadores web.

- Acceso á solicitude en sede electrónica

Documentación complementaria

  • Fotocopia do DNI, NIE ou pasaporte (no caso de que se manifeste oposición contra a súa consulta).
  • Xustificante de liquidación de taxas (40,77 €) modelo A (clave 32.07.01) especificando:
    - Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (cod. 07).
    - Delegación Servizos Centrais (cod. 13).
    - Servizo de Xestión da Formación Profesional (cod. 03).
  • Ademais, para as especialidades que se relacionan:

- Carné de instalacións térmicas de edificios:

a) Certificado de aproveitamento do curso impartido por unha entidade de formación autorizada. No caso de estar a cursalo, certificado desta situación. Neste caso, será necesario presentar a certificación de superación o día de celebración da primeira parte da proba.

b) Informe de vida laboral expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

c) Certificación de empresa segundo o anexo II, que se describirá mediante a relación de actividades desenvolvidas, nos termos recollidos na normativa da especialidade que corresponda.

- Carnés de guindastre torre e guindastre móbil autopropulsado categorías A e B:

a) Titulación ou estudos non universitarios requiridos, cando se trate de equivalentes académicos ou equivalentes para os efectos profesionais co título da ESO, no caso de que fosen expedidos por outra comunidade autónoma (Ensinanzas equivalentes co título de ESO).

b) Certificación de ter superado un exame médico, nos termos establecidos no Real decreto 560/2010, do 7 de maio, polo que se modifican diversas normas regulamentarias en materia de seguridade industrial.

c) Certificado de aproveitamento do curso impartido por unha entidade de formación autorizada. No caso de estar a cursalo, certificado desta situación. Neste caso, será necesario presentar a certificación de superación o día de celebración da primeira parte da proba.

- Certificacións persoais para a manipulación de gases fluorados:

a) Xustificación da experiencia profesional mediante informe de vida laboral e o modelo de certificación de actividades do anexo II , nos termos establecidos para cada modalidade de certificado no anexo I do Real decreto 115/2017, do 17 de febreiro, polo que se regula a comercialización e manipulación de gases fluorados e equipamentos baseados neles, así como a certificación dos profesionais que os utilizan e polo que se establecen os requisitos técnicos para as instalacións que desenvolvan actividades que emitan gases fluorados.

b) Certificación do programa formativo para manipulación de gases fluorados que corresponda, que, malia non constituír un requisito para presentarse á proba, é imprescindible para a expedición do certificado persoal.

Tema: