Proxecto mini empresas Lugo 2016-2017

O proxecto Mini empresas Lugo pretende fomentar a educación emprendedora a través da creación de mini empresas  e outras propostas didácticas que impliquen a colaboración dos equipos docentes, a dinamización da comunidade educativa e a conexión co entorno, todo isto potenciando as capacidades profesionais e persoais do alumnado. Esta acción desenvólvese dentro do plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, eduemprende e establécese dentro do ámbito de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Alcoa.

As institucións implicadas neste proxecto:

  • Coordinación e desenvolvemento do proxecto

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria coordina e organiza as actividades dirixidas tanto ao profesorado como ao  alumnado, facilitando a disposición dos espazos en colaboración cos centros educativos participantes.

  • Difusión

 “El Progreso” divulgará todas as actuacións e resultados do proxecto.

  •  Finanzamento

 63.876,79 euros aportados pola Fundación Alcoa.

Actuacións programadas

Para cumprir os obxectivos previstos realízase a seguinte proposta de actuacións nos  centros educativos da provincia da Lugo:

  • Accións de sensibilización  da comunidade educativa sobre a importancia  de construír e fomentar unha nova cultura emprendedora. Accións dirixidas tanto ao alumnado como ao profesorado para alcanzar  a sensibilidade necesaria  que permita a creación de iniciativas  emprendedoras.
  • Promocionar a creación de mini empresas entre os estudantes para o desenvolvemento dun produto/servizo, unha estratexia de márketing e venda do produto.
  • Actividades de capacitación en habilidades emprendedoras.
  • Preparación do alumnado nas competencias e nas actitudes autónomas necesarias que favorezan o emprendemento co fin de capacitar ao alumnado para emprender.
  • Accións de formación do profesorado para a sensibilización do alumnado en creación de empresas.
  • Formación específica  do profesorado para o desenvolvemento e a elaboración de proxectos empresariais, favorecendo a adquisición de competencias emprendedoras no  alumnado.
  • Actuacións de intercambio de aprendizaxes, experiencias e coñecemento das necesidades da súa contorna socioeconómica, entre o alumnado e  empresarios e mozos emprendedores para un maior achegamento entre o mundo educativo e laboral.
  • Concurso  “Mini empresas” para ou alumnado de 6º de Educación Primaria e 1º e 2º de Educación Secundaria.
  • Concurso “Mini empresas” de Ciclos de FP, Bacharelato e 3º e 4º da ESO.
  • Realización dunha publicación para a sensibilización e a difusión da cultura emprendedora.

Convocatoria Lanzadeiras Lugo

O programa Lanzadeiras Lugo ten a finalidade de promover a innovación e o emprendemento en todas as etapas do sistema educativo co obxectivo de potenciar as competencias profesionais, sociais e persoais do alumnado.

Enquisas

  • Enquisa inicial do proxecto Mini empresas Lugo (dispoñible só durante o período correspondente)
  • Enquisa final do proxecto Mini empresas Lugo (dispoñible só durante o período correspondente)

Materiais

Clausura

O pasado 15 de xuño celebrouse no CIFP Porta da Auga de Ribadeo o acto de  clausura do Proxecto Miniempresas Lugo. Neste acto tivo lugar unha feira onde todos os centros participantes no proxecto promocionaron os seus  produtos.  Os alumnos e alumnas explicaron aos visitantes os obxectivos dos seus proxectos e como viviron a súa experiencia emprendedora.

Neste acto entregáronse os premios do concurso Minimepresas Lugo. Os premiados foron:

- 1º premio: Eco Arume. CIFP Politécnico de Lugo (Lugo)

- 2º premio: Arte Floral San Rosendo. IES San Rosendo (Mondoñedo)

- 3º premio: Dectogas. S.L. IES Lois Peña Novo (Vilalba)

- Accésit: B&B. CPI Dr. López Suárez (O Saviñao)

- Accésit: Mariñador. CIFP Porta da Auga (Ribadeo)

Etiquetas: