Preparando o Nadal

Os nenos e nenas de 1º están desexando que chegue o Nadal, por iso había que poñer unha árbore na nosa aula. Pero neste caso decidimos poñer unha moi especial, en primeiro lugar porque estaría decorada por nós e, en segundo lugar, porque precisaba da participación de todos e todas.

 

Durante a actividade os alumnos e alumas tiveron que comunicarse, poñerse de acordo, coordinarse e organizarse como un gran equipo porque o traballo duns dependía do dos outros: a árbore estaba formada por 24 folios que, todos xuntos, revelaban o seu debuxo.

O obxectivo está máis que conseguido e o resultado podedes velo no corredor e nas imaxes que veñen a continuación.

 

 

 

Back to top