VOZ NATURA

Xa tedes toda a información sobre a festa de Voz Natura 2016 (programa de actividades, horarios, plano do parque...) na páxina web. Premede aquí.

NOVOS NUMEROS DE TELEFONO DO CENTRO

Comunicamos que os novos nùmeros de teléfono do CEIP Abelendo son os seguintes:

Teléfono: 886110256

Fax: 886110260

A dirección

XXIII CROSS DAS LETRAS GALEGAS NO CEIP DE ABELENDO.

O pasado 20 de Maio, tivo lugar a XXIII EDICION DO CROSS DAS LETRAS GALEGAS do Ceip de Abelendo. Os alumnos, as familias e os mestres participaron e o deron todo na pista. Desde o centro queremos agradecer e felicitar ao Anpa pola súa colaboración e bo facer. Noraboa a todos/as!!

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 16/17

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para alumnado matriculado en primaria, secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/2017. Premer aquí.

LETRAS GALEGAS E HOMENAXE A MANUEL MARIA

Desde a semana pasada, estamos a facer distintas actividades para conmemorar o día das Letras Galegas. Fixemos un mural na entrada escribindo as palabras que nos parecen máis fermosas do noso idioma, vimos curtas en galego, lemos as biografías e recitamos poemas dos últimos nove homenaxeados nesta festividade e, para rematar, vestimos Moaña de poemas de Manuel María colgándoos nas árbores ou noutros espazos do parque que está ao lado do colexio no Adro de San Martiño.      

       

                             

NOTA INFORMATIVA

Informamos que o próximo mércores, sempre que o tempo o permita,  os alumnos/as e mestres/as do CEIP  Abelendo iremos andando  ata o Adro de San Martiño para realizar unha actividade con motivo das Letras Galegas.

                                   Moaña, 13 de maio de 2016

                                                      A DIRECCIÓN

AVALIACIÓNS INDIVIDUALIZADAS DE EDUCACION PRIMARIA. CURSO 2015/2016

Adxuntamos enlace con toda a información sobre as avaliacións individualizadas de educación primaria para o curso académico 2015/2016.   

AS NOVAS DOS MAIS PEQUENOS DO COLEXIO

Novos proxectos, experimentos, aniversarios, agasallos, lecturas, saídas...Premede na imaxe e veredes as últimas novas do ben que traballan os nenos de infantil.

O NOSO MAIO NA II FEIRA ECO-ARTESÁ DE MOAÑA

O noso Maio vestiuse de gala para presidir o palco na "II Feira Eco-Artesá de Moaña". A Moañesa de Música e Danza e os organizadores da feira agradeceron a nosa colaboración con estas agarimosas mensaxes e o  xornal Faro de Vigo  fíxose eco da nova. Fixádevos cómo lucía!!

                                 

                      

Distribuir contido

     

Profesorado

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2016 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031

Iniciar sesión