Caranvexornal Abelendo

Xa está dispoñible o caranvexornal do noso cole! Podedes velo no CaranvexoTV.

PROCESO ADMISIÓN ALUMNADO

Como xa sabedes comezou xa o proceso de admisión de alumnado. Ata o 4 de febreiro co proceso de reserva de praza, pero poñemos aquí o resto de datas de interese:

  • A publicación da listaxe do alumnado con reserva de praza sen fase de baremo deberá facerse antes do 22 de febreiro. de non haber prazas para todas as reserva abrirase un prazo de 10 días hábiles para entregar documentación para o baremo.
  • Ata o 28 de febreiro pode presentarse a renuncia á praza reservada.
  • Antes do 1 de marzo publicación de postos escolares vacantes.
  • Do 1 ao 20 de marzo é o prazo para presentar solicitudes de admisión nos centros. Nesta solicitude poderán consignarse ata 6 centros comezando polo de maior prefernecia. Entregarase no centro solicitado en primeiro lugar. No caso de ter presentada unha solicitude e querer renunciar a ela haberá que indicalo no cadro correspondente  na nova solicitude entregada.
  • Do 21 de marzo ao 3 de abril solicitarase, de ser o caso, a documentación para realizar o baremo.
  • O 25 de abril deberá ser publicada a listaxe provisional de admitidos, despois haberá 5 días hábiles para a presentación de reclamacións  contados a partir do día seguinte á súa publicación e o 15 de maio a definitiva.
  • Formalización de matrícula do 20 ao 30 de xuño. Primaria. Secundaria do 23 de xuño ao 7 de xullo.

 

Consulta aquí a normativa

 

 

PROCESO DE ADMISIÓN 22-23. Fase de reserva de praza en centros adscritos.

Estimadas familias!

 

Dende hoxe e ata o vindeiro día 6 de febreiro estará aberto o prazo para reservar praza para o vindeiro curso 22/23 no IES A Paralaia, centro ao que estamos adscritos.

Para facelo poderedes:

  • Empregar a aplicación ADMISIÓNALUMNADO e presentala a través da SEDE electrónica, para o que deberedes contar cun medio de identificación electrónico (certificado dixital ou Chave 365). AQUÍ tendes a ligazón para acceder.
  • Presentala no centro, no que haberá copias da solicitude á vosa disposición.

 

Para calquera dúbida que teñades non dubidedes en chamarnos ao centro.

Distribuir contido

Back to top