XXVIII CROS DAS LETRAS GALEGAS CEIP DE ABELENDO

Queridas familias!

Xa está de volta o cros de Abelendo,na súa XXVIII edición!

 

Dentro das celebracións vinculadas as Letras Galegas, a correr que imos pola fermosa contorna de Abelendo.

Animámovos a que veñades o vindeiro martes 16 a partir das 11:30 a desfrutar xunto coas vosas crianzas desta xornada deportiva festiva!

 

Para aquelas e aqueles aventureiras/os lembramos que hai carreira en categoría absoluta e que estades máis que convidadas a participar,o percorrido é o mesmo que o da categoría alevín.(1500 MTRS aprox).As inscripcións pódense realizar avisando a calquera membro da ANPA, falando co mestre Iago ou na mesa de control o día da proba.

 

Agardámosvos.

 

Vide desfrutar da festa da actividade física!

XXVIII CROS DAS LETRAS GALEGAS CEIP DE ABELENDO

Coreografía Máis galego para o día 19 de maio

Ola famlias, como xa se vos informou no abalar aquí vos deixamos o video coa coreografía para que ensaiedes na casa o baile  e así saia requetebén o día 19 e sobre todo o pasemos moi ben. Animádevos a vir!

Benvidos a Primeirolandia!

Durante o tema anterior do ámbito Sociolingüístico aprendimos sobre a Terra e as súas paisaxes. Como o alumnado desfrutou moito coñecendo as paisaxes naturais máis incribles do noso planeta, decidimos crear un país coas paisaxes máis extraordinarias que a nosa imaxinación puidese inventar, e este é o resultado!

Aquí podedes ver o mapa interactivo de Primeirolandia, onde se explican todos os elementos naturais e humanizados destas fabulosas paisaxes. Dan ganas de visitalas todas, non si?

 

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO

Comunicamos que todo o alumnado que presentou solicitude de admisión no noso centro para o curso 23-24 foi admitido. As listaxes serán publicadas no taboleiro de anuncios do interior centro.

ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Nova sesión de Escola de familias deste xoves.

Distribuir contido

Back to top