ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Como sabedes, este ano levarase a cabo a renovación parcial do consello escolar adiada o pasado curso.

Engadimos aquí a convocatoria das eleccións para que poidades consultar toda a información.

Animamos ás familias do centro a presentar a súa candidatura para poder participar deste órgano dende o que se toman decisións para a xestión do centro. É importante ter a vosa representación, polo que vos animamos a participar del.

Para resolver calquera dúbida, chamade ao centro e estaremos encantadas de aclararvos calquera información.

 

 

XUNTANZA BRAZADAS SOLIDARIAS GALICIA

Compartimos esta actividade deportivo-solidaria que vai ter lugar o próximo Sábado 2 de Outubro  en Moaña. Desde o centro animávosvos a todos/as a participar!!

ACTIVIDADES IGUALDADE PROMOVIDAS POLA ANPA

in

 A ANPA organizará unhas actividades e obradoiros para a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xéreno, grazas a unha subvención outorgada pola Xunta de Galicia.

O programa " Educanco a xeración da igualdade" constará de 5 actividades/obradoiros para o desfrute das familias e o alumnado.

Compartimos o cartel xeral:

E tamén os carteis específicos do primeiro dos obradoiros:

 

Se queredes anotarvos nesta primeira actividade picade AQUÍ

 

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR, FAMILIAS!!

LIBROS INGLÉS

Moi boas, familias!

Deixámosvos a información dos libros de inglés de primeiro e segundo.

Para 1º:

MACMILLANENGLISH QUEST 1 PUPIL´SBOOK PACK
ISBN 9780230443808

 

Para 2º:

MACMILLANENGLISH QUEST 2 PUPIL´SBOOK PACK
ISBN 9780230443822

A listaxe de material publicarase en setembro.

Aproveitamos para desexarvos moi bo verán a tod@s!!

Vémonos en setembro!!

 

Distribuir contido

Back to top