INVESTIGANDO A MAR

Para celebrar o Día da Muller e a Nena na Ciencia, Tania, nai de dúas crianzas do cole, veu explicarnos algunhas cousiñas do seu traballo como investigadora na ECIMAT (Estación de Ciencias Mariñas de Toralla). Tróuxonos utensilios que utilizan para coller auga, para recoller fauna e flora mariña e para medir os peixes. Tamén fixemos algún experimento con algas e unha actividade de análisis de obxectos recollidos na area da praia.

Unha actividade interesantísima coa que desfrutaron todas as aulas do cole!

 

Back to top