Anpa

XORNADAS DE EDUCACION VIAL NO CEIP DE ABELENDO

in

O próximo xoves e venres 6 e 7 de outubro, vanse realizar no centro unhas Xornadas de Educación Vial nas que participarán todos os nosos alumnos e alumnas e nas que contaremos coa colaboración da Policía Local, Garda Civil, Protección Civil, Dirección Xeral de Tráfico e do Concello.

Haberá charlas dos distinos organismos e umha exhibición de vehículos oficiais da Garda Civil de Tráfico, Protección Civil e da Policía Local.

A comunidade educativa xunto co Anpa, consideramos esta actividade moi importante para o desenvolvemento persoal e integral dos nosos alumnos e alumnas e para contribuir na creación dunha sociedade máis cívica, respetuosa e coñecedora do seus dereitos e deberes. 

Distribuir contido

Back to top