Plan Dixital 2023-2024

Plan Dixital do centro educativo aprobado polo Consello Escolar para o curso 2023-2024.

 

Plan Dixital 2023-2024

Adscrición do profesorado

 

ADSCRICIÓN DO PROFESORADO

CURSO 2023/2024

 

EDUCACIÓN INFANTIL

4º EI :       Sara Seijo Novoa

5º EI:        María Gómez Barba

6º EI :      María Pilar García Gracia

 

EDUCACIÓN PRIMARIA

1º EP :     María Amparo García Braga

2º EP :     Victoria González Viéitez

3º EP :     Mª José González Gesteira

4º EP :     Andrea de los Santos Gago

5º EP :     Mª del Rosario Martínez Epifanio

6º EP :     Soraya González Gutiérrez  +  Miguel  Roibas Taboada

 

PROFESORADO ESPECIALISTA

INGLÉS

María Esperanza Malvar Pazos

E.F.

Miguel Roibas Taboada

MÚSICA

Soraya González Gutierrez

 

ORIENTACIÓN

ORIENTADORA

Ruth Outeda López

PT

Ángela  María Saavedra Pose

AL

Elena Torrado Moledo

RELIXIÓN

CATÓLICA

Hermitas Villanueva Martínez

EVANXÉLICA

Noemí González Rodríguez

 

EQUIPO DIRECTIVO

DIRECTORA

María Gómez Barba

X. ESTUDOS

Mª José González Gesteira

SECRETARIA

Ruth Outeda López

 

CALENDARIO ESCOLAR 2023/24

 

Na web da Consellería de Educación aparece publicada a ORDE do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

As actividades lectivas realizaranse do  11 de setembro de 2023 ata o 21 de xuño de 2024, ambos inclusive.

As vacacións de Nadal serán desde o día 22 de decembro de 2023 ata o día 7 de xaneiro de 2024, ambos inclusive.

Entroido será os días 12, 13 e 14 de febreiro de 2024.

As vacacións de Semana Santa serán desde o día 25 de marzo ata o día 1 de abril de 2024, ambos inclusive.

Día do Ensino (non lectivo) celebrarase o 7 de decembro de 2023.

Os 2 días non lectivos de libre disposición (artigo 7.2 da Orde) propostos polos colexios de Pontevedra, aínda non fóron fixados.

 

Listaxe de libros para o curso 2023-2024

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA CURSO 2023-24

PRAZO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA DO ALUMNADO ADMITIDO NO CENTRO PARA O CURSO 2023-2024:

 

DO 20 AO 30 DE XUÑO

 

DOCUMENTACIÓN NECESARIA:

- Impreso formalización de matrícula:

 

- Cuestionario para as familias de Educación Infantil (dispoñible en secretaría)

- Fotocopia do libro de familia

-Fotocopia de tarxeta de prestación sanitaria

-Volante de convivencia ou certificado de convivencia expedido polo concello

-Fotocopia de carné de familia numerosa, de ser o caso, e orixinal para cotexar

- Fotocopia de grado de discapacidade, de ser o caso, e orixinal para cotexar

- Dúas fotografías tamaño carné

 

Normativa:

Normativa 13/2022 do 3 de febreiro 

 

Orde 21 de outubro do 2022

 

Calendario Escolar 2023/24

Na web da Consellería de Educación aparece publicada a ORDE do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

As actividades lectivas realizaranse do  11 de setembro de 2023 ata o 21 de xuño de 2024, ambos inclusive.

As vacacións de Nadal serán desde o día 22 de decembro de 2023 ata o día 7 de xaneiro de 2024, ambos inclusive.

Entroido será os días 12, 13 e 14 de febreiro de 2024.

As vacacións de Semana Santa serán desde o día 25 de marzo ata o día 1 de abril de 2024, ambos inclusive.

Día do Ensino (non lectivo) celebrarase o 7 de decembro de 2023.

Os 2 días non lectivos de libre disposición (artigo 7.2 da Orde) propostos polos colexios de Pontevedra, aínda non fóron fixados.

Fondo solidario de libros e axudas económicas. Curso 2023/24

No DOG do venres 19 de maio de 2023 saíu publicada a ORDE  do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

RESUMO DA CONVOCATORIA

Beneficiarios e importe das axudas:

- Préstamo de libros de texto (3º e 4º de E Primaria) (ao alumnado de 5º e 6º non lle corresponde, por estar incluídos no proxecto Edixgal e contar con libros dixitais):

O centro prestaralle un máximo de 6 libros ao alumnado con renda per cápita familiar inferior a 6.000 €.

O centro prestaralle un máximo de 4 libros ao alumnado con renda per cápita entre 6.000 e 10.000 €.

O alumnado con renda per cápita superior a 10.000 € poderá recibir libros en préstamo cando, despois de repartir os dos parágrafos anteriores, aínda haxa existencias suficientes no centro. Este reparto farase por orde inversa á renda.

 - Axudas económicas para comprar os libros (1º e 2º de E Primaria):

Concederase axuda de 240 € ao alumnado con renda per cápita familiar inferior a 6.000 €.

Concederase axuda de 160 € ao alumnado con renda per cápita entre 6.000 e 10.000 €.

- Axudas económicas para comprar material escolar (1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de E. Primaria):

Son compatibles coas dúas anteriores.

Concederase axuda de 75 € ao alumnado con renda per cápita familiar inferior a 6.000 €.

Concederase axuda de 60 € ao alumnado con renda per cápita entre 6.000 e 10.000 €.

 

Renda per cápita:

A renda per cápita familiar calcularase cos datos económicos do exercicio fiscal 2021 (sumando as casiñas 435 e 460 da declaración da renda 2021 e dividindo entre o número de membros computables a 31 de decembro de 2021).

 

Requisito:

Para poder disfrutar destas axudas É IMPRESCINDIBLE ter entregados no colexio, a finais de xuño, os libros de texto prestados polo centro a principios deste curso EN BO ESTADO DE USO.

 

Prazo:

O prazo para presentar as solicitudes comeza o 20 de maio e remata o 21 de xuño de 2023.

 

Presentación:

Débense presentar o anexo I (impreso de Solicitude) e o anexo II (impreso de comprobación de datos).

Pódense imrimir e cubrir os impresos manualmente e entregalos na secretaría do colexio.

Tamén se poden cubrir na aplicación informática «fondolibros». Unha vez cubertos por este medio pódense imprimir e entregar no colexio ou ben presentalos telemáticamente na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Opcionalmente poderanse presentar as solicitudes en calquera dos lugares establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

Documentación:

Por regra xeral presentarase a seguinte documentación:

·      

Anexos I e II, de solicitude e de comprobación de datos dos membros da unidade familiar (Se se presenta persoalmente na secretaría, entregarase unha única solicitude para todos os irmáns matriculados no centro. Se se presenta na sede electrónica necesitarase unha solicitude para cada irmán).

·      

Fotocopia do libro de familia no que aparezan todos os membros da unidade familiar. (*)

·      

No caso de separación ou divorcio: sentencia xudicial ou convenio regulador onde conste a custodia do menor. (*)

(*) Para casos particulares, consultar a convocatoria.

ANEXO I

ANEXO II

BECAS NEAE curso 2023-2024

O prazo de solicitudes de becas NEAE para o curso 2023-2024 estará aberto a través do seguinte enlace ata o 20 de setembro:

Acceso formulario

 

 

 

 

 

Admisión

Unha vez rematado o prazo de admisión de solicitudes do alumnado para o vindeiro curso 2023-2024 infórmase que están admitidas todas as solicitudes presentadas.

Distribuir contido
Iniciar sesión: Acceso

Documentos

Secretaría

Seccións bilingües

Alumnado

Plan Dixital

Aula virtual

Robótica

Horta escolar

Instagram

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930