Esta é a nova páxina do centro C.E.I.P. "A Carballeira" - Lourizán

Nota informativa

a)  ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS DO MES DE MAIO:


DÍA 7, 14, 21: Educación en valores a través do cine  (3º e 4º curso).
DÍA 9: Gravación no colexio para a emisora Onda 0.
DÍA 9, 16 e 23:  Obradoiros  de   educación para a saúde  (6º curso): a
comunicación, a autoestima, tabaco e alcohol.
DÍA 16:  Celebración das Letras Galegas e entrega de premios do II certame
literario do colexio.
 Poderase  consultar  diferente  información  nos  blogs:
dinamizacioncarballeira.blogspot.com. e   enfiandopalabras.blogspot.com
DÍA 21: Sesión de animación á lectura (Educación Infantil e Primaria).
SEMANA DO 21 AO 25: Espazo radiofónico do alumnado de 1º, 2º e 6º de
Primaria. Poderán escoitalo na emisora de radio  “ONDA CERO PONTEVEDRA”,
na frecuencia 95.3 de F.M., o na web da emisora,  ás 11:50 da mañá.
Data pendente de confirmar: Visita á fábrica de ENCE (3º ciclo).


b) BIBLIOTECA DO CENTRO:



Os pais, nais, titores e titoras de alumnado poderán consultar a biblioteca do centro
os martes pola tarde (de 16:30 a 18:00). Tamén están á súa disposición  libros de
adultos na estantería que se atopa no vestíbulo do colexio da que poderán levar
libros en préstamo.


c) DÍA NON LECTIVO:



Venres, día 18 de maio,  non haberá clase, por ser día non lectivo, concedido pola
Xefatura Territorial  da Consellería de Educación de Pontevedra para todos os
colexios  do Concello.

Folleto informativo

No seguinte arquivo adxunto, podes consultar toda a información do noso colexio:


 Díptico informativo

RESERVA DE PRAZA


No vindeiro mes de marzo, ábrese
o período de reserva de de praza no colexio. As datas serán desde o día 1 ata o
31. Será necesario cubrir uns impresos que se poden pedir no colexio, e
presentalos acompañados da fotocopia do libro de familia.


 


As persoas interesadas en coñecer
as instalación do centro, poderán visitalas os martes, de 16:30 horas a 18:00
horas.

ENTROIDO NO C.E.I.P. A CARBALLEIRA

O pasado venres, 17 de febreiro, celebrouse como cada ano, con gran éxito de participación a Festa do Entroido.
Todos puidemos disfrutar dos actos preparados para o efecto: desfile de disfraces, xogos, degustación de postres propios destas datas, elaborados coa inestimable colaboración das familias, e como acompañamento preparouse no colexio un chocolate quente que satisfixo todas as expectativas, porque estaba boísimo.
Como se vén facendo nestes derradeiros anos, engalanouse o ximnasio, e previamente confeccionouse un bonito e interesante mural sobre o entroido tradicional en Galicia, e a partires das 12:00 horas comezou a festa.
Houbo moita diversión e grandes desexos de que chegue o vindeiro Entroido.

Desde aquí agradecemos ás familias a súa colaboración, tanto na elaboración dos doces de entroido como no engalanamento dos nenos durante os días previos da semana ao vir ao colexio cos elemento que nos dita o noso entroido, este ano unha pantalla, típica de Xinzo de Limia, na provincia de Ourense.

Magosto

Xa sabedes que o venres que vén, día 11 de novembro, celebraremos o  MAGOSTO no Colexio, se o tempo o permite.


Con  tal motivo é necesario que os nenos e nenas traiades  unhas poucas castañas, previamente picadas (cun corte na casca) para asar e se queredes unha bebida (auga, zume...) en envase non de vidro. Tamén haberá chourizos asados con pan.


 


Se algún de vós  dispón na casa de carozos ou leña miúda para facer a brasa, pode traer unha pouca ao Colexio; sempre co consentimento da vosa familia. Sería de gran axuda.


 

Samaín

A celebración do  Samaín resultou moi interesante. A entrada do colexio quedou adornada coma se fose un túnel tenebroso cheo de teas de araña, morcegos e demais bichería que levaban ata o precioso mural feito para a ocasión.


 


 Tamén se fixo  un obradoiro no que puidemos aprender diferentes maneiras de decorar as cabazas, coa inestimable colaboración de Manuela, unha nai de alumnos do Centro.


Ao remate, fixemos unha exposición coas cabazas decoradas cunha vela acesa no seu interior, como manda a tradición.


 


Quedou de medo!!!

Biblioteca

A Biblioteca está funcionando a pleno rendemento.  Xa sabedes que temos novos axudantes, doce alumnos e alumnas de 6º que no recreo colaboran co Equipo de Biblioteca.


Desde aquí felicitamos a Óscar, Paloma e Daniel por seren os lectores  que máis libros retiraron da Biblioteca no mes de outubro..


O libro que máis gustou neste mes pasado foi “Cuarto viaje al Reino de la Fantasía” de Gerónimo Stilton e o DVD “Bob Esponja”.


 


Animámosvos a que visitedea a Biblioteca do Colexio e que disfrutes da mesma.

Libros de texto para o curso 2011-2012

No arquivo adxunto poderedes atopar os libros de texto para o curso escolar 2011-2012.

BLOG TIC "A CARBALLEIRA"

Neste enlace:

https://ticcarballeira.wordpress.com/

 

Podedes acceder o novo blog do equipo TIC do C.E.I.P. "A Carballeira", con enlaces a contidos educativos de todo tipo.

Sponsored by: Domain Name   |  IT Links   |   Tech Jobs    Theme by: My Drupal