Calendario Admision alumnado - Curso 2022/23

Prema AQUÍ para consultar o calendario de admisión do alumnado.

Vacantes alumnado curso 2022/23

Prema AQUÍ para acceder ao listado de vacantes para próximo curso escolar 2022/23.

Admisión novo alumnado curso 2022/23

Entre o 1 e o 21 de marzo estará aberto o prazo de admisión nos centros escolares para o curso 2022/23; dirixido a todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como os de Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar.

Os trámites poderán realizarse vía telemática na aplicaión informática admisiónalumnado ou presencialmente no centro.

Normativa admisión alumnado curso 2022/23

Normativa de aplicación no proceso de admisión de alumnado no curso 2022/23:

ORDEN de 18 de diciembre de 2020 por la que se modifica la Orden de 12 de marzo de 2013 (código de procedimiento ED550La y ED550B).

ORDEN de 25 de enero de 2017 por la que se modifica la Orden de 12 de marzo de 2013.

ORDEN de 12 de marzo de 2013 por la que se desarrolla el procedimiento para la admisión del alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan enseñanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obligatoria y de bachillerato reguladas en la Ley orgánica 2/2006, de 3 de mayo , de educación.

DECRETO 13/2022, de 3 de febrero, por el que se regula la admisión de alumnado en centros docentes sostenidos con fondos públicos que imparten enseñanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obligatoria y de bachillerato reguladas en la Ley orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de educación.

RESERVA DE PRAZA NO IES TORRENTE BALLESTER 2022/23

Do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2022 ábrese o prazo para que o alumnado de 6º de Primaria reserve praza no instituto Torrente Ballester para o curso 2022/23.

Se desexan que os seus fillos/as cursen 1º de ESO nese centro, deberán cubrir o impreso de reserva (Anexo I-ED550A en galego ou castelán) facilitado polo centro e presentalo na secretaría do CEIP A CARBALLEIRA acompañado da seguinte documentación:

- Fotocopia do DNI do alumno/a ou copia do libro de familia.

- Fotocopia da sentencia de separación ou divorcio, se fose o caso.

- IMPORTANTE: a solicitude terá que estar asinada por calquera das/os titulares da patria potestade ou representantes legais. 

No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambas/os proxenitoras/es, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. 

No suposto de alumnado afectado por situación de violencia de xénero non será exixible o previsto no parágrafo anterior. Art. 14.4 Orde 12 de marzo de 2013.

* Tamén se pode cumprimentar a solicitude en internet na aplicación admisiónalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) para logo entregala no centro ou realizar todo o proceso telemáticamente con certificado dixital ou coa Chave365 na sede electrónica.

* O prazo para facer a solicitude noutro instituto, distinto ao adscrito, abrirase no mes de marzo.

Publicación da listaxe definitiva de admitidos e excluídos no procedemento de distribución de máscaras 21/22

Publícase no taboleiro interior do centro o listado definitivo de alumnado admitido e excluído da distribución de máscaras na Educación Primaria.

Publicación da listaxe provisional de admitidos e excluídos no procedemento de distribución de máscaras

Publícase no taboleiro interior do centro o listado provisional de alumnado admitido e excluído no proceso de distribución de máscaras na Educación Primaria.

As persoas excluídas poderán presentar reclamacións no centro nos dous días hábiles seguintes á publicación.

 

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ALUMNADO PRIMARIA – curso 2021/22

Publicada no DOG (12/11/2021) a ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, curso 2021/22 (código de procedemento ED330E).

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

1. O alumnado que recibiu axuda de material escolar no curso 2021/22 NON ten que presentar solicitude. As máscaras entregaránselle AUTOMATICAMENTE.

2. deberá participar o alumnado que non presentou solicitude de material escolar ou resultou excluída no curso 2021/22 que cumpra algunha das seguintes condicións:

• Familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6000 € (na declaración do ano 2019)

• Alumnado matriculado en educación especial

• Alumnado suxeito a tutela da Xunta de Galicia

• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%

PRAZO:

O prazo de entrega de solicitudes será do 15 ao 26 de novembro e realizarase presencialmente no centro

ANEXO I e ANEXO II estarán disponibles no centro para cubrir e entregar, ou na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.

DOCUMENTACIÓN NECESARIA:

Xunto coa solicitude ANEXO I e ANEXO II presentarase no centro a seguinte documentación:

- Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

-Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

 

Inicio clases do curso 2021-2022

Comunicamos a toda a comunidade educativa que o  proximo xoves, 9 de setembro, comezarán as clases do curso escolar 2021/2022.

O horario lectivo será de 09:00 a 14:00 horas. Lembramos que as portas do centro abriranse ás 08:45 horas, debendo acceder o alumnado de educación primaria ao soportal cuberto, ocupando os lugares  predeterminados para cada nivel educativo. A continuación entrará o alumnado de educación infantil, acompañados soamente por unha persoa para evitar aglomeracións.

Grazas pola súa colaboración.

Listado DEFINITIVO de solicitudes ADMITIDAS e EXCLUÍDAS do FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO curso 2021/22 (DOG nº 93 do 20 de maio de 2021)

No taboleiro interior do centro podedes consultar, cita previa (886151574), o listado DEFINITIVO de solicitudes admitidas ou excluídas no "Fondo solidadrio de libros de texto" para o vindeiro curso 2021/22. 

Distribuir contido
Iniciar sesión: Acceso

Documentos

Secretaría

Seccións bilingües

Alumnado

Plan Dixital

Aula virtual

Robótica

Horta escolar

Instagram

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031