Skip to Content

PRESENTACIÓN DA SEGUNDA FASE DE AMPLIACIÓN DO CENTRO

O DÍA 14 DE XANEIRO, O CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN ROMÁN RODRÍGUEZ, O ALCALDE DE AMES, BLAS GARCÍA; O CONCELLEIRO DE EDUCACIÓN, DAVID SANTOMIL E OUTRAS AUTORIDADES TANTO DA CONSELLERÍA COMO DE PARTIDOS POLÍTICOS DO CONCELLO, ADEMAIS DA ANPA, VIÑERON PRESENTAR A SEGUNDA E DIFINITIVA FASE DE AMPLIACIÓN DO CENTRO PARA CONVERTIRSE NUN CENTRO DE LIÑA 3. NA ACTUALIDADE O ACTUAL EDIFICIO NECESITA ESPAZOS PARA ALBERGAR A DEMANDA DAS FAMILIAS PARA ESCOLARIZAR AOS SEUS FILLOS/AS NO CENTRO.

SIMULACRO DE INCENDIOS. CEIP AGRO DO MUÍÑO

Os días 22,23 e 24 de xaneiro fixemos, os 500 alumnos, profesores, persoal non docente, persoal de cociña e monitores do comedor, o simulacro de incendios suspendido dende a pandemia.

Cada aula previamente recibiu a formación e as instrucións para facer un desaloxo correcto. A evacuación foi todo un éxito. Os nenos/as fixérono moi ben. Tamén practicamos dende o comedor, coas dúas quendas, resultando satisfactorio segundo o previsto. Parabéns!

COMEZA O PROCESO DE ADMISIÓN NOS CENTROS EDUCATIVOS.

O luns 16 de xaneiro comeza o período de  reserva de praza para alumnado de centros adscritos, (EEI da Igrexa).

Tamén deberán facer reserva de praza o alumnado de 6º Curso quen van continuar cos estudos no IES de Ames.

PERIODO DE RESERVA DE PRAZA:  Do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro.

Documentación:

 - ANEXO I para cumprimentar a reserva o alumnado de centros adscritos, (Escola unitaria e Alumnado de 6º)

O LUNS 16 DE XANEIRO HAI UNHA FORMACIÓN DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN PARA AS FAMILIAS DE 6º E AS DA UNITARIA DA IGREXA.

DO 1 AO 20 DE MARZO COMEZA O PERÍODO DE ADMISIÓN PARA O ALUMNADO QUE SOLICITA PRAZA PARA 4º DE INFANTIL (3 anos)  E AQUELES DE NOVA INCORPORACIÓN (que veñen doutros centros). O día 6 de febreiro ás 17:00 será de portas abertas para dar a coñecer o funcionamento do centro e as instalacións.

POSTAIS GAÑADORAS NADAL 2022

BO NADAL A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA!!!

ALUMNADO DE 6º PREMIADO NA FEIRA INNOVAMES. PARABÉNS NENOS E NENAS!!!

PARABÉNS AO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA POLO 2º PREMIO E UN ACCÉSIT RECIBIDO NA FEIRA DE INNOVACIÓN - INNOVAMES- DO CONCELLO. PRESENTARON DOUS PROXECTOS: UN SOBRE O CAMIÑO DA RÍA MUROS NOIA- SANTIAGO (ACCÉSIT 200€) E OUTRO SOBRE A TOPONIMIA DE AMES A TRAVÉS DO TEATRO (2º PREMIO 1000€). GRAZAS AO CONCELLO POR CONVIDARNOS A PARTICIPAR!

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR. ELECCIÓNS PAIS/NAIS

CONVOCATORIA

De conformidade coa resolución do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa (D.O.G. 30/09/2022), a Xunta Electoral deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, SECTOR DE PAIS/NAIS/TITORES DE ALUMNOS, segundo as seguintes normas:

1.    Conforme o establecido no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG DO 21) redactado segundo ao establecido na disposición adicional terceira do Decreto 7/1999 do 7 de xaneiro (DOG do 26 xaneiro), corresponde elixir no presente proceso electoral a dous pais/nais/titores, dun total de cinco que debe ter o Consello Escolar; dos cales un/unha na votación deste proceso electoral, outro pai/nai/titor será o representante proposto pola ANPA e os/as outros/as tres continúan como consecuencia da súa elección anterior no 2021.

2.    Son electores todos os pais/nais/titores legais do alumnado matriculado no Centro e incluídos no Censo correspondente que a partir do día da data 10 de novembro, estará exposto no taboleiro de anuncios. As reclamacións ao referido censo realizaranse mediante escrito razoado dirixido á Xunta Electoral, ata as 14:00 horas do día 17 de novembro.

3.    Son elixibles os/as pais/nais/titores legais do alumnado que formulen a súa candidatura oficial segundo o modelo que se facilitará na secretaría do colexio. As candidaturas poderán ser presentadas do  día 11 ata o 18 de novembro.

4.    O sorteo dos membros da mesa electoral realizaranse en acto público, entre os/as pais/nais que non se presenten como candidatos/as, o día 21 de novembro ás 16:30 horas. Dita mesa electoral estará composta pola directora do centro, que actuará como presidenta e catro pais/nais/titores legais, actuando de secretario/a o/a de menor idade.

5.    A campaña electoral comprenderá dende o 22 de novembro e ata o 27 de novembro ambos días inclusive. As dependencias e servizos do centro estarán a disposición dos candidatos, previa petición á presidenta da Xunta Electoral, sempre que o seu uso non altere o normal funcionamento educativo do Colexio.

6.    Poderán actuar como supervisores/as da votación os/as pais/nais/titores matriculados no centro que sexan propostos pola ANPA ou, no seu defecto, que estean avalados cando menos pola sinatura de 10 electores.

7.    As votacións realizaranse neste centro o día 28 de novembro, de 9:00 a 10:15, de 13:00 a 14:30 e de 16:30 a 18:30 horas. A mesa electoral será constituída o mesmo día, ás 9:00 horas

8.    Na papeleta de votación cada elector fará constar un máximo de un nome (art. 42) dos/as candidatos/as presentados/as, debendo acreditar a súa identidade á hora de votar exhibindo o DNI ou documento similar. O voto será directo, segredo e non delegable.

9.    Non se admitirá o voto por correo.

10.  Terán dereito ao voto ambos pais/nais/titores legais do alumnado.

11.  Finalizada a votación procederase ao escrutinio dos votos, que será público, e unha vez realizado, levantarase acta para o envío á Xunta Electoral do centro.

12.  A Xunta Electoral do centro resolverá tódalas dúbidas e reclamacións que se podan formular.

Ames, a 10 de novembro de 2022

                                                            A DIRECTORA DO CENTRO:

                                                    PRESIDENTA DA XUNTA ELECTORAL

ELLECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2022

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2022. DOG

CALENDARIO DAS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR.

Neste curso toca renovar 2 pais/nais ( un deles é nomeado pola ANPA), 3 profesores e 1 persoal de administración e servizos (PAS).

Distribuir contido


by Dr. Radut