Blogues

Día internacional de Lingua Materna

O día 21 de febreiro é o día internacional de Lingua Materna polo que vos deixamos esta ligazón, na que a académica de número, María López Sández da REAL ACADEMIA GALEGA  escribe sobre el. Por ese mesmo motivo e para celebrar tamén o Día de Rosalía, María estivo o mércores 21 no noso colexio, dando unha charla para o alumnado e 5º e 6º de Primaria. Foi un luxo e por iso vos convidamos a ler este artigo seu:

 

https://academia.gal/-/21-de-febreiro-dia-internacional-da-lingua-materna

XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA ADMISIÓN EN EDUCACIÓN INFANTIL

Reserva chamando ao 881866004

 

Programa Rosalía do Concello de Ames

Dende o Departamento de Normalización Lingüística queremos difundir esta información que nos chegou do concello de Ames para animar a todos os interesados e interesadas a participar nas actividades que organizan dentro do programa Rosalía. Adxúntanse pdf con actividades e cartel.

POR UN NADAL NOSO!

Dende o Departamento de Normalización Ligüística queremos compartir o documento que se adxunta:

Mandadiños do Meco e venres de Entroido.

Prezadas nais, pais, familias,

Como todos os anos, os nenos e nenas do CEIP A Maía póñense ás ordes do Meco. Seguindo a temática das olimpíadas, estes son os mandadiños que deberán cumprir a semana que ven:

O luns para comezar,

con bañador, gorro ou lentes virás,

para poderte mergullar.

 

O martes

seguro que o pasarás mellor

cunha zapatilla de cada cor.

 

O mércores,

se un deporte queres practicar,

algo do teu equipo has de levar.

 

O xoves,

despois de tanto adestrar,

algunha venda vas precisar.

 

 

Lembrade que o venres deberán vir disfrazados igual cos do seu nivel, os titores e titoras xa enviaron Abalar coas indicacións do que se precisa. Aínda así, todo é voluntario.

Se o desexan, o venres poderán traer en vez da merenda habitual, algo típico do Entroido, para tomar na aula ou no recreo no momento da merenda.

Grazas pola vosa colaboración.

DIPLOMA DE RECOÑECEMENTO

O grupo UNDERISK acaba de facernos chegar o diploma de recoñecemento pola nosa colaboración desde o 2016 na investigación en saúde psicolóxica e benestar infantil, así como pola nosa contribución ao desenvolvemento científico no ámbito educativo.

 

 

E desde o CEIP A MAÍA estendemos o agradecemento a todas as familias que colaboraron con nós ao longo de todos estos cursos.

VISITA DO ALUMNADO DE SEGUNDO Á AULA DA NATUREZA

O alumnado de Segundo de Primaria realizou una saída a Aula da Natureza onde elaborou unhas maquetas. Podedes ver o resultado no arquivo achegado.

Sesión formativa sobre seguridade e protección de datos persoais para centros educativos e ANPAs

Actividade enmarcada no contexto do Grupo de Traballo de Cidadanía do Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, grazas a colaboración de APDTIC, empresa adherida a CIBER.gal, e Amtega, entidade fundadora de CIBER.gal.

Sesión formativa gratuíta dirixida a persoal e dirección das ANPAs, centros docentes e pais/nais/titores legais, coa finalidade de concienciar ás ANPAs e ao ámbito educativo en xeral, da gran cantidade de datos persoais que manexan, onde un mal uso dos mesmos ou un descoido pode provocar brechas de seguridade que poñan en risco datos de colectivos protexidos como son os menores de idade. Á súa vez, ofrecer recursos e boas prácticas para fomentar a privacidade e a seguridade na relación das ANPAs cos centros docentes e os pais, nais e titores legais.

O desenvolvemento da sesión seguirá a seguinte estrutura:

  • Protección de datos no ámbito educativo:
    • Relación das ANPAs cos centros educativos
    • Relación das ANPAs cos pais ou titores legais e alumnos
      • Datos persoais identificativos, económicos, de carácter social, profesional e imaxes
      • Consentimento expreso, aspecto clave.
      • Dereitos en materia de protección de datos.
    • A figura do Delegado de Protección de Datos.
    • Brechas de seguridade
  • Casos prácticos:
    • Tratamento e publicación de imaxes
    • Promoción e participación en actividades
    • Uso de mensaxería instantánea (WhatsApp)
    • Redes sociais
  • Recursos AEPD - Ámbito educativo

O formato da actividade será en liña, cunha duración de 70 minutos.

Data: 23 de xaneiro de 2024
Hora: 17:30 h

As inscricións están abertas a través da seguinte ligazón:

https://www.encuestafacil.com/respweb/cuestionarios.aspx?EID=2925197

Solicitude de Reserva Prazo aberto

O prazo de presentación de solicitudes será desde o 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro. As solicitudes tramitaranse a través da aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado     

  

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:

  1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
    Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro.
  2. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica
    Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.
    IMPORTANTEDebe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, última páxina da solicitude que pode visualizar e descargar nesta aplicación).
  3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro

Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.

 

Plan Integral contra o acoso e ciberacoso escolar

Pubícase o novo Plan Integral contra o acoso e ciberacoso escolar.

Distribuir contido