Blogues

PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2023/24

O prazo de entrega de solicitudes é do 1 de marzo ata o 20 de marzo.

O proceso de admisión poderase facer telematicamente a través da aplicación Admisión Alumnado da Consellería de Educación ou presencialmente na secretaría do centro.

  • Aquí poden descargar a solicitude de admisión (Anexo II) en galego ou en castelán.
  • Na seguinte ligazón poden consultar o Calendario do proceso de admisión
  • Poden consultar as vacantes ofertadas para o curso 2023-2024 pulsando aqui.
  • A documentación que teñen que achegar coa solicitude poden descargala aqui.

 

Normativa relacionada

 

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Mandadiños do Meco e Venres de Entroido

Prezadas nais, pais, familias:

Como todos os anos, os nenos e nenas do CEIP A Maía póñense ás ordes do Meco. Seguindo a temática do cine, estes son os mandadiños que deberán cumprir a semana que ven.

Luns: Se a peli " Solo en casa" queres recordar, en pixama terás que quedar.

Martes: Se unha peli de indios queres filmar, unhas plumas e pinturas terás que apañar.

Mércores: Gústanche os súper heroes? Se queres voar unha capa de Superman deberás buscar.

Xoves: Teño unha idea excelente! Fai coma Willy Wonka e trae uns bos lentes.

Pódense facer de xeito acumulativo ou non. Lembrade que o venres deberán vir disfrazados igual cos do seu nivel.

Se o desexan, o venres poderán traer en vez da merenda habitual, algo típico do Entroido, para tomar na aula ou no recreo no momento da merenda.

Grazas pola vosa colaboración.

Proxecto Competencial de 3° C

O xoves,  26 de xaneiro, os alumnos/as de Proxecto Competencial de 3° C representaron unha pequena obra de teatro na biblioteca do centro. Titulàbase " Respeto por las diferencias".

Como público asistiron os compañeiros/as de primeiro, segundo e terceiro.

Podemos ver o vídeo da obra e as fotos premendo aquí.

O Valor da Lingua Galega (Actualizado 10-III-23)

Desde o EDLG (Equipo de Dinamización da Lingua Galega) do C.E.I.P. A Maía estamos a realizar unha actividade de posta en valor da lingua galega a través da colaboración de familiares do alumnado.

Con vídeos como os que se poden ver na ligazón animamos ao alumnado a empregar a nosa lingua en todos os ámbitos da vida: profesionais, académicos e persoais.

Se desexa colaborar nesta iniciativa, rogamos envíe ao correo do centro un pequeno vídeo en formato horizontal coa súa presentación e un saúdo ao alumnado animándoo a empregar a linuga galega en todos os ámbitos da vida.

Moitas grazas!

 

AVISO IMPORTANTE: ALERTA METEOROLOXICA

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e MeteoGalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por acumulacións de neve por riba dos 20 cm, que comezará o martes día 17.01.2023 ás 06.00 horas e prolongarase ata as primeiras horas do mércores 18.01.2023. Este adverso afectará á zonas da montaña de Lugo e Ourense.

 

O aviso será amarelo no mesmo período horario nas áreas: Interior de A Coruña, interior de Pontevedra, centro de Lugo, sur de Lugo, noroeste de Ourense, sur de Ourense e Valdeorras.

 

Adicionalmente se alerta dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por vento dende hoxe día 16.01.23 ata o medio día do mércores 17.01.2023 nas zonas da Mariña Lucense e noroeste de A Coruña.

 

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:

 

1. A SUSPENSIÓN do transporte escolar DURANTE O MARTES 17 dos centros educativos situados nos concellos das zonas de predición das montañas de Lugo e Ourense, con seguimento das condicións climáticas nas zonas do interior da Coruña, interior de Pontevedra, centro de Lugo, sur de Lugo, noroeste de Ourense, sur de Ourense e Valdeorras. O noso centro pertence á zona de "interior de a Coruña", polo que en principio está en seguimento, si houbera cambios enviaríanse novos avisos.

 

2. SUSPENSION do transporte escolar EN HORARIO DE TARDE DO MARTES 17 dos centros educativos situados nos concellos das zonas de predición do interior da Coruña, interior de Pontevedra, centro de Lugo, sur de Lugo, noroeste de Ourense, sur de Ourense y Valdeorras.

 

3. A SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES NO EXTERIOR nos centros educativos situados nas zonas da Mariña Lucense e o noroeste de A Coruña ata as 12h do martes 17.

 

Moitas grazas pola súa colaboración e un saúdo.

INSTRUCIÓNS PARA A RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN (IESP de AMES) CURSO 2023/2024

O prazo de presentación de solicitudes será desde o 16 de xaneiro ata o 6 de febreiro.

As solicitudes tramitaranse a través da aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado

 

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual empregando o formulario en papel ou a través da aplicación no menú:

Solicitudes > Reserva > Crear

Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe (no colexio) ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a Sede Electrónica da Xunta de Galicia , para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación. O comportamento da aplicación depende de se se cubre a solicitude estando identificado ou non.

1. Usuarios sen identificar

Unha vez introducidos todos os datos, deberá premer no botón Crear aparecendo a seguinte mensaxe para poder descargar a solicitude e o anexo I Bis que deberá presentar no centro. Tamén poderá imprimir o xustificante co código da solicitude.

2. Usuarios identificados

Unha vez gravada a solicitude na aplicación, aparecerán as opcións para presentar e asinar a solicitude na sede electrónica ou para descargar o informe (solicitude) e presentalo no centro educativo.  

 

Formulario en papel

Galego

Castelán

 

FELICITACIÓN 2022

Guía de Lectura Nadal 2022

Guía de lectura proposta polo Equipo da Biblioteca do CEIP A Maía

Distribuir contido