Calendario escolar para o curso 2024/25

Publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 12 de abril de 2024 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2024/25 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Nela establécese que as actividades lectivas nas ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional e réxime especial realizaranse desde o día 11 de setembro de 2024 ata o 20 de xuño de 2025, ambos incluídos, tendo en conta que para o segundo curso de bacharelato a impartición efectiva das clases rematará de acordo coas datas previstas para a avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (en diante, ABAU).

INFORMACIÓN PROGRAMA APEGO: Xornada na Ribeira Sacra.

Difundimos esta información que nos chega do concello de Ames,  por se é do voso interese:

Seguimos coas actividades do programa Apego do Concello de Ames, e hoxe toca propoñervos a agardada xornada na Ribeira Sacra.

Trátase dunha excursión familiar na que visitaremos o Ecomuseo  do Pazo de Arxerizno Cabo do Mundo, e   Carballolandia, un ecoparque situado no Concello de Chantada, na Ribeira Sacra, á beira do río Miño.

Alí achegarémonos dun xeito lúdico á etnografía, á historia e á natureza da Ribeira e faremos unha chea de actividades ao aire libre, na Chousa das Férvedas e na Casa da Árbore, conducidas por Anxo Moure, o Carballo con Botas (contos na árbore, paseos, xogos populares, xogo libre, bautizo en barca de río...) para achegarnos ao mundo das árbores autóctonas, da contorna fluvial e dos seres mitolóxicos galegos nun espazo natural pensado para o divertimento, o lecer e a convivencia.

Xantaremos e merendaremos de campo, pero cada familia debe levar a súa propia comida e bebida.

A viaxe  será en autobús o sábado, 27 de abril (se por circunstancias meteorolóxicas houbese que aprazala, gardaránselles as prazas ás persoas inscritas que así o desexen) cos seguintes horarios:

SAÍDA DO PAZO DA PEREGRINA (BERTAMIRÁNS): 09.30 h

REGRESO APROXIMADO AO PUNTO DE SAÍDA: 21.00 h

**A actividade é gratuíta, pero as persoas adultas que queiran entrar ao museo do Pazo de Arxeriz terán que aboar alí mesmo a súa propia entrada (3 € por persoa)

 

INSCRICIÓN:

Se vos animades, anotádevos canto antes pois xa sabedes que as prazas están contadas e outorgaranse por rigorosa orde de inscrición.

Para inscribirvos tedes que enviar un correo a normalizacion@concellodeames.gal  indicándonos coma sempre:

-Nome e apelidos das persoas que solicitades asistir

-Idade do neno ou da nena

-Teléfono de contacto

Non se admitirán inscricións fóra de prazo

Tedes toda a info no cartel que vos vai adxunto.

Apertas mil!

 

n/d

Dígochoeu no CEIP A MAÍA

O alumnado de 6º de educación primaria participou nun Dígochoeu, na que tanto eles con Digochiño aprenderon coas palabras olímpicas polisémicas.

 

 

Podedes ver o vídeo nesta ligazón

 

Novo escrito sobre seguridade viaria

Estimadas nais, país, familias

Como o 21 de marzo pedimos a vosa colaboración para facerlle chegar ao Concello de Ames  a petición dun novo paso de peóns e sabemos da resposta recibida, queremos comunicarvos que despois de abordalo en claustro o luns  e no consello escolar do centro hoxe mesmo, presentamos un novo escrito solicitando actuacións e respostas.

Moitas grazas pola vosa colaboración, seguiremos informándovos.

Podedes velo premendo aquí.

INFORMACIÓN SOBRE O PROGRAMA APEGO

Recibimos esta información desta actividade dentro do porgrama Apego do Concello de Ames  e a compartimos con toda a comunidade educativa para unha maior difusión.

Está aberto o prazo de inscrición para actividade CONTOS EN FAMILIA de CRIS DE CALDAS E XABI DO CAMIÑO.  

 

Será na  Casa da Cultura do Milladoiro o venres, 19 de ABRIL, ás 18.00 h e vai dirixida a familias con crianzas de 0 a 6 anos interesadas en coñecer propostas de contos e música apropiadas para as diferentes etapas da crianza.  

 

Exposición dun amplo catálogo de obras axeitadas para a infancia, contos, música en directo e libros esenciais para tratar temas clave na crianza conforman esta actividade na que compartiremos as experiencias e inquedanzas que queiran comentar as familias interesadas.

 Se queredes anotarvos, xa sabedes, enviádenos un correo a normalizacion@concellodeames.gal indicando:

-Nome e apelidos das persoas que vaiades vir

-Idade das crianzas

 

-Teléfono de contacto

AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO en 4º de EDUCACIÓN PRIMARIA

Estimadas familias,

 

Lembrarvos que mañá e pasado mañá a vosa filla ou o voso fillo deberá realizar as probas da avaliación de diagnóstico. Fará dúas nun día e outras dúas no seguinte día.

Esta avaliación carecerá de efectos académicos para o alumnado da Comunidade Autónoma de Galicia.

A finalidade da avaliación de diagnóstico é contribuír a determinar o nivel adquirido polo alumnado nas competencias das distintas áreas e materias de cara a promover que os centros elaboren propostas de actuación que contribúan a mellorar o nivel acadado polo seu alumnado nas ditas competencias, adopten medidas de mellora da calidade e da equidade da educación e orienten a práctica docente. En consecuencia, terá carácter informativo, formativo e orientador para os centros, para o profesorado, para o alumnado e as súas familias ou persoas titoras legais, e para o conxunto da comunidade educativa.

A información que se obteña destas probas será tida en conta polos centros para elaborar propostas de actuación que contribúan a mellorar o nivel de consecución acadado polo seu alumnado respecto dos obxectivos de área e materia, e que permitan adoptar medidas de mellora da calidade e a equidade da educación, e orienten a práctica docente. Así mesmo, será tida en conta, xunto cos demais datos obtidos na avaliación do proceso de ensino e aprendizaxe, para analizar, valorar e reorientar, se procede, as actuacións encamiñadas ao desenvolvemento do currículo da etapa.

 Esta proba realizarase en todos os centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia que impartan ensinanzas correspondentes ao cuarto curso de educación primaria.

As probas realizaranse en consonancia co marco teórico común de avaliación que, segundo establece o artigo 144 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, elaborarán, en colaboración, o Instituto Nacional de Avaliación Educativa e os organismos correspondentes das comunidades autónomas.

Podedes consultar máis información aquí.

Para nós, como centro educativo, é importante que todo o alumnado realice as probas.

Grazas pola vosa colaboración.

 

 

Día de Rosalía

Vídeo Día de Rosalía.

Os Oficios (2º Primaria)

Ao longo destes dous trimestres os menos de 2º de primaria asistiron a unha pequena charla das súas familias como complemento a temática que estamos traballando na aula. As familias prepararon actividades e os rapaces puderon preguntar o que quixeron.

Abrir o PDF para ver o traballo sobre os oficios que realizou o Segundo Nivel de Primaria

CERTAME LITERARIO CONCELLO DE AMES

Informamos e difundimos o CERTAME LITERARIO DO CONCELLO DE AMES animándovos a participar no mesmo!

https://www.elcorreogallego.es/concellos/2024/03/19/ames-envorcase-cuns-certames-narrativa-99654960.html

(Cartel, bases e ficha de participación nos arquivos achegados)

A coordinadora do EDNL do CEIP A MAÍA.

Mercedes Blanco

Distribuir contido