Inicio de Sesión

Tradicións do Nadal

Seguindo cos vídeos familiares, este mes non poderiamos empregar unha temática distinta ao Nadal. Por este motivo, alumnos/as e familias do noso centro explícannos que tradicións seguen nestas datas tan especiais. Queredes ve qué decoracións e actividades tan divertidas prepararon nas núas casas? Pois non vos demoredes máis e dádelle ao Play!

Unha axuda para Emma. RECOLLIDA DE TAPÓNS SOLIDARIOS

 

Dende o CEIP Plurilingüe de Andrade queremos colaborar con esta iniciativa solidaria, polo que pedimos a todos os membros da nosa comunidade educativa que queiran colaborar, aporten tapóns a través dos nenos.

Mes da ciencia

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega damos comezo á andaina dos vídeos familiares. Con esta iniciativa pretendemos dar a coñecer o patrimonio ecolóxico, natural e cultural da nosa contorna á vez que desfrutamos da creación de contidos coas nosas familias. Ao longo de todo o curso, de forma mensual, iremos subindo os diferentes vídeos de temáticas moi variadas e entretidas que nos envíen os nos@s pequen@s artistas e ás súas familias. Así que tomade nota, non vos perdades ningún e animádevos a convertervos en auténticos reporteir@s!