Inicio de Sesión

Actividades

Exposición cabazas Samaín

Estimadas familias:

Queremos convidarvos a participar na exposición virtual de cabazas.

Aquí vos deixamos unhas instrucións moi sinxelas para que os/as nenos/as non deixen de expoñer este curso a súa tradicional cabaza de Samaín.

 

1.- Valeira a túa cabaza

2.- Decora como máis che guste

3.- Sácalle unha foto e envíalla á túa titora ou titor

 

Cabaza

Letras Galegas 2020: Narrando historias

Para acceder as historias premede na imaxe superior.

Letras Galegas 2020

Letras Galegas 2020

 

 

Premede na imaxe para acceder a información.

Entroido 2020

O pasado venres 21 de febreiro, celebramos o festival de Entroido. Nesta ocasión, non houbo un tema determinado para elaborar os disfraces, o único requisito era que o disfraz fose reutilizado ou reciclado, nunca mercado.

Houbo unha ampla variedade de disfraces: vacas, submarinistas, astronautas, policias ecolóxicos, pezas de tetrix, roqueiros, cubos de rubik, emojis, princesas, tétricos, piratas, globos aerostáticos, pixamas, osos, medusas, dinosuros, ....  e non podía faltar " A CAPITANA VERDEMAN".

Rematamos cunha degustación de larpeiradas de Entroido aportadas polas familias.

Temos que agradecer as familias a súa colaboración, non só coas larpeiradas, senón na confección dos disfraces. GRAZAS.

O venres 28 de febreiro realizamos o "ENTERRO DOS MECOS".

FOTOS:

VÍDEOS.

 

 

Día da Paz 2020

Neste 30 de xaneiro, para conmemorar o día internacional do Día da Paz, Raioteca agasallounos cun libro espectacular escrito por Paula Merlán e Pilar  López Ávila e ilustrado por Concha Pasamar.

Cada curso preparou un papaventos , onde contaban os soños de diferentes nenos e nenas do Mundo: Exipto, Ucrania, Portugal, Amazonia, Madagascar, Haiti. 

Cada papaventos tiña os soños nas tres linguas: castelán, galego e inglés.

Tamén fixeron un papaventos cos soños da rapazada do noso colexio.

Abofé que foi todo un descubrimento este libro que está feito de Papel de Pedra.

Tedes as imaxes e os vídeos nas súas respectivas galerías:

FOTOS

VÍDEOS

 

 

Letras Gaelgas 2019

LETRAS GALEGAS 2019

ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

Este ano celebramos a semana das letras galegas adicadas a Antonio Fraguas Fraguas, e para iso, fixemos un percorrido pola vida e obra do autor homenaxeado.

Os traballos presentados son os seguintes:

Primeiro de primaria: "Vida dos 0 aos 13 anos".

Segundo de primaria: "Vida dos 13 aos 93 anos".

Terceiro de primaria: "Percorrido xeográfico polos sitios onde naceu e vivíu Antonio Fraguas".

Cuarto de primaria; "Escenificación das diferentes etapas da vida de Antonio Fraguas en defensa da Lingua Galega".

Quinto de primaria: "Etnografía galega. Defensa de Antonio Fraguas da cultura popular".

Sexto de primaria: "Museo do Pobo Galego".

Educación Infantil: " O casamento da pulga e a mosca" adaptación do "casamento da pulga" de Antonio Fraguas.

Tedes as imaxes e os vídeos nas súas respectivas galerías ou premendo nos seguintes enlaces:

FOTOS

VÍDEOS

Coma sempre rematamos cunha pequena presentación das xornadas.