Inicio de Sesión

Actividades

Maios 2015

Este curso, como en anos anteriores, no CEIP Plurilingüe de Andrade, celebramos os maios. Para esta ocasión, coa colaboración de todo o alumnado do centro e das familias que aportaron as flores, elaboramos o noso "MAIO MARIÑEIRO", un barco.

Coma sempre participamos no concurso organizado polo Concello de Pontedeume e nesta ocasión acadamos o 1º PREMIO.

GRAZAS a todos pola vosa colaboración.

Tedes as imaxes e os vídeos na galería, nos seguintes enlaces: fotos, vídeos.

Dixámosvos cunha pequena presentación da xornada.

 

Día da Paz 2015

Este ano adicamos o Día da Paz a coñecer un pouco mellor á paquistaní Malala Yousafzai, galardoada aos 17 anos co Premio Nobel da Paz, pola defensa do dereito á educación das mulleres.
O alumado de 6º curso presentounos un pequeno resumo sobre a súa vida. Despois fisemos unha lectura colectiva do libro "Querida Malala".
Para rematar cantamos unha canción arabe que fala de amor e paz.
Rematamos cun acto final no que compartimos os traballos realizados na área de Artística . Cada neno/a levará como agasallo o traballo realizado por un compañeiro ou compañeira do colexio.

Tedes as fotos e os vídeos nas respectivas galerias. Podedes acceder dende os seguintes enlaces:  FOTOSVÍDEOS

Coma sempre deixámosvos cunha pequena reportaxe da xornada.

FELIZ DÍA DA PAZ 2015.

Maios 2014

O pasado mércores, 30 de abril, como en anos anteriores, celebramos os maios, festa con moita tradicción na nosa comarca.

Nesta ocasión o profesorado e o alumnado, coa inestimable colaboración das familias, elaboramos tres maios. Educación Infantil participou cun "PALLEIRO", 1º e 2º ciclo de primaria elaboraron un "CRUCEIRO" e o 3º ciclo "O MONASTERIO DE CAAVEIRO".

Despois da presentación dos maios o alumnado contou cancións tradicionais para conmemorar esta data.

Así mesmo participamos no concurso dos maios organizado polo Concello de Pontedeume e, co maio "Monasterio de Caaveiro", acadamos o 2º puesto.

Tedes as imaxes das diferentes xornadas na galería: Maios Andrade. Maios Pontedeume.

Tamén podedes ver os VÍDEOS

Deixámosvos cunha presentación da xornada.

Día da Paz 2014

O pasado xoves 30 de xaneiro celebramos o DÍA DA PAZ 2014.

En primeiro lugar explicamos por que celebramos este día e o seu significado. Despois unha presentación sobre a vida de "Nelson Mandela", seguida dun cuestionario de preguntas.

Continuamos coa canción africana adicada a Mandela: "Jambo".

Para rematar, cada curso explicounos o seu traballo en torno a unha das frases célebres de Mandela:


3 anos: Despois de escalar unha montaña moi alta descubrimos que hai máis montañas por escalar.
4anosA gloria non está en non caer nunca, senón en levantarse sempre.
5 anos: A Educación é a arma máis poderosa para cambiar o mundo.
1º : Son o dono do meu destino, son o capitán da miña alma.
2º: Se queredes facer as paces co voso enemigo, tedes que traballar co voso enemigo, entonces convírtese no voso compañeiro.
3º: Os valentes que desexen conseguir a PAZ, non terán medo a perdoar.
4º: Todo parece imposible hasta que se fai.
5º: Non hai revelación máis intensa da alma dunha sociedade, que o xeito no que trata aos seus nenos.
6º: Se non hai comida cando se ten fame, se non hai medicamentos cando se está enfermo, se hai ignorancia e non se respetan os dereitos básicos das persoas. A democarcia é unha cáscara baleira, aínda que todos os cidadáns voten e teñan Parlamento. 

Tedes as fotos na GALERÍA. Os vídeos podédelos atopar no seguinte enlace: VÍDEOS.

 

Maios 2013

Este ano de novo celebramos os maios no centro. Nesta ocasión elaboramos entre todo o alumnado do centro unha alfombra floral, basada nunha ilustración de María Lires do libro "Bechos pequerrechos".

Rematamos a festa con cantigas típicas e nesta ocasión tivemos unha paarticipación especial, xa que a nosa compañeira Matilde acompañou as cantigas coa gaita. Felicidades.

Tedes as fotos na GALERÍA e tamén os VÍDEOS.

Dixámosvos cunha pequena presentación da xornada.

 

Día da Paz 2013

Hoxe, 30 de xaneiro, para conmemorar a morte de GANDHI, no CEIP Plurilingüe de andrade, celebramos o día da PAZ.

Nesta ocasión baixo o lema: "APERTAS DE PAZ". Todos os cursos elaboraron debuxos (os mais pequenos), e textos que comezaban pola frase "UNHA APERTA DE PAZ PARA.....", onde expresaron os seus desexos de paz. Estes traballos están expostos na entrada do centro.

A nosa doutora particular, María, prescribiunos unha receita para a paz, se queredes saber en que consiste teredes que visionar o vídeo da actuación.

Posteriormente visionamos dous vídeos sobre "ABRAZOS", que podedes ver a continuación.

Deixámosvos coma sempre cun pase de diapositivas da xornada. O resto das fotos as podedes atopar na GALERÍA. Para ver o vídeo facede clic no seguinte enlace: VÍDEO.

Tamén podedes ver a reportaxe que fixo a TVG da nosa celebración. A parte onde saen os actos feitos no centro comeza no minuto 40 aproximadamente. GRAZAS

 

 

 

 

 

A orixe das APERTAS
View more presentations or Upload your own.

Samain 2013

O pasado 31 de marzo, celebramos o SAMAIN, festa de orixe celta cunha gran tradición na nosa zona.

En primeiro lugar o alumnado de infantil recitáronnos unas "poesías de medo".

Despois nenos de primeiro, segundo terceiro e cuarto interpretaron "contos de samain".

O alumnado de 5º curso de primaria interpretaron a obra de teatro "A figueira de Pelostortos".

Rematamos coa canción "Xa chega o samain".

Que meeeeedo.

Esperámosvos o vindeiro ano.

Deixámosvos cunha mostra da xornada, tedes o rsto das fotos na GALERÍA. Tamén tedes os videos no seguinte enlace: VIDEOS.

Maios 2012

Este ano, como en anos pasados, no CEIP Plurilingüe de Andrade, celebramos os MAIOS. Como todos sabedes cos maios celebramos a chegada da primaveira.

Nesta ocasión elaboramos un maio chamado "O castelo de Andrade", co que participamos no certamen de maios organizado polo Concello en onde acadamos o 2º premio.

Este maio ia acompañado dunha cantiga que acadou o 1º premio no certame anteriormente citado.

Dende aquí os nosos parabéns para todos os participantes.

Posteriormente celebramos no centro os maios con cantigas e un pequno desfile.

Coma sempre tedes a vosa disposición as fotos e vídeos da xornada, podedes acceder dende as Galerías ou dende os seguintes enlaces:  FOTOS   VIDEOS.

Deixámosvos cunha pequena reportaxe

 

Paz 2012

Este ano, dentro da colaboración das bibliotecas escolares da zona de Ferrolterra cos nenos saharauis de Smira, comezamos a celebración do Día da Paz, coa lectura por parte do alumnado do 2º e 3º ciclo de primaria, dunha serie de frases enviadas polos nenos saharauis.

O día 30 de xaneiro, como todos os anos, dende o CEIP Plurilingüe de Andrade celebramos o "DÍA DA PAZ". Este ano queremos compartir cos mais próximos a nos (os nosos compañeiros de cole), desexos de PAZ, polo que cada ciclo pegará no árbol dos desexos, o que eles queren para os seus compañeiros. Tamén recitarán poemas de Paz. Todos xuntos cantermos, bailaremos e remataremos a xornada compartindo entre todos un pouquiño de pan con chocolate.

Este ano enmarcado no programa de PAZ do Concello de Pontedeume, participamos no "IV Pleno Municipal Infantil", onde o alumnado fai o papel de oposición, prantexando ao goberno municipal, todas aquelas inquedanzas e deficiencias que eles atopan no Concello. Grazas ao Concello de Pontedeume por facernos partícipes da vida pública do  noso concello.

Os nosos mellores desexos de PAZ dende o CEIP Plurilingüe de Andrade.

Deixámosvos cun pequno reportaxe de fotos da xornada. Como sempre podedes ver o resto de fotos na GALERÍA e os VIDEOS da xornada.

Paz 2012 - foto montaje

Samaín 2011

 

Este ano celebramos o samaín, o día da festa da froita.

Aquí tedes algunhas fotos, o resto podedelo atopar na GALERÍA.