Inicio de Sesión

Actividades

Maios 2011

Este ano, como en anos anteriores, celebramos os Maios, como xa sabedes "OS MAIOS" significan na súa orixe o triunfo e a chegada da Primaveira. É un rito Celta para asegurar as boas colleitas. Este ano recuperamos a figura do "NENO MAIO", cubrindo con follas a un neno do centro.

Como non podía ser doutro xeito tamén fixemos maios, nesta ocasión dous, os mais pequenos (infantil e primeiro ciclo) fixeron un palleiro. os maiores (segundo e terceiro ciclo) fixeron os arcos. Con este maio os nenos de 5º e 6º participaron no concurso organizado polo Concello.

damos as grazas a todos as familias que aportaron frores e demais materiais para a construcción dos maios, e por suposto a nosa compañeira Nieves G, que acudiu a axudarnos.

A continuación podedes ver algunhas fotos, o resto podedes velo  na GALERÍA.

Clicando no enlace podedes ver o VIDEO do desfile.

Grazas e ata o ano que ven.

 

Samain 2010

SAMAIN 2010

Este ano, aproveitando que realizamos a 3º festa da froita o día 29 de novembro, tamén celebramos o samain. Este ano, no recanto dos contos, o alumnado de Infantil e 1º Ciclo de Primaria cóntannos os seus conxuros. A continuación os do 2º e 3º ciclo de Primaria retan aos máis pequenos cunhas adiviñas monstruosas. Despois continuamos co desfile das cabazas, continuando coa tradicción celta de acender luces nas caveiras dos seus inimigos. Rematamos a festa coa celebración dun ritual celta.

Podedes ver as fotos na GALERÍA, e os VÍDEOS, das actuacións dos pequenos.

 

Os Maios

XA CHEGOU O MAIO FLORIDO E GALÁN ...

"OS MAIOS" significan na súa orixe o triunfo e a chegada da Primavera.
É un rito Celta para asegura-las boas colleitas, e a protección do "Espíritu da Natureza".
Antigamente un neno cuberto de follas, propias da zona, saía acompañado por outros a percorrer as rúas de cidades e vilas no comezo do mes de MAIO.
Os nenos/as e as flores son os protagonistas desta celebración que data da Compostela Medieval.
Na actualidade faise un Maio figurativo(en vez do Neno Maio)de diversas formas: de pirámide, de cabazo, de barca, de cruceiro...
As nenas e nenos do cole de Andrade tamén queremos sumarnos, un ano máis, a esta celebración facendo os nosos MAIOS e cantando algunha cantiga.

Seguindo o costume,
Do ano pasado
Eiquí vimos todos
A cantalo MAIO.

Estas fotos que podes ver a continuación recollen o proceso de elaboración dos nosos MAIOS, nel participamos todos os nenos e nenas, E.Infantil e 1º Ciclo, fixeron "O PALLEIRO" e ademáis unhas coroas e uns ramos moi vistosos.
o 2º Ciclo fixo "O CRUCEIRO" e o 3º ciclo "OS ARCOS"  
 

Xa para rematar a celebración dos MAIOS fixemos o desfile e cantamos as cantigas:
E Infantil e 1º Ciclo "Anxeliños somos"
2º Ciclo: "Santa Cruz de MAIO"
3º Ciclo: "MAIO,MAIO florido"

 

Visita ao Olmo


VISITA AO OLMO

Todolos anos en commemoración das Letras Galegas, a Asociación de veciños "O OLMO" organiza unha serie de exposicións de traballos artesanais, con demostracción de artesáns e de xogos tradicionais.

O CEIP de Andrade visita tódolos anos esta exposición e de esta visita naceu o libro que presentamos a continuación.

(Premede no título para ver o libro completo).

Entroido

O Entroido é unha das festas mais tradicionais de Galicia, celébrase en todos os recunchos da nosa Comunidade.

No CEIP de Andrade tamén o celebramos e posteriormente o alumnado fixo un libro onde  recollen as súas vivencias.

Festas de Andrade

FESTAS DE ANDRADE 

Neste libro, convertido en presentación para a páxina web, o alumnado do CEIP de Andrade recolle as principais celebracións que se realizan o longo do curso no noso centro, e fai unha pequena descripción delas.

Boneca de carozo

Unha das actividades de Animación a Lectura, en galego, que levamos a cobo no Centro foi a construcción e posterior exposición de bonecas de corozo. A idea xurdiu despois de leer a Rosalia de Castro.

Trátase dun libro colaborativo, sobre a construcción de bonecas, elaborado polo alumnado do centro.

Preme no título (boneca de carozo) para ver o libro.

Samaín 08

SAMAÍN 2008

O SAMAÍN celébrase o 1 de novembro. É unha festa de orixe Celta. Nese día acendíanse luces nas caveiras dos inimigos e colocábanse nos cruces dos camiños. Facían rituais no seu carón coa intención de apoderarse do seu poder e forza. Erán datas claves para se reunir nos camposantos, comer o rutual e comunal porco de samaín e celebrar as farradas festeiras dos guerreiros.

Actualmente seguense facendo caveiras como tradición, aínda que non coa mesma intención.

                             

 

O colexio de Andrade quere contrubuir o rexurdimento desta festa e celebrámola o día 30 con actividades moi variadas:

O alumnado do 4º curso fixeron a representación teatral: "Indo para o Samaín".

Os de terceiro bailaron o "Baile dos pantasmas".

O alumnado do 1º ciclo cantáronnos unha canción en inglés cunha proxección onde aparecián cabazas que eles chamaron "pumpkin lanterns".

Os rapaces de 5ºexplicáronnos moitas cousas sobre esta festividade. E por último os de 6º, continuando co seu taller de cociña, fixeron para todos nós un "bizcoito de cabaza".

Ao remate cantamos todos xuntos a canción de Mamá Cabra: "Samaín"

Podedes ver as fotos das actuacións na Galería.

A continuación podedes ver os videos das actuacións 

 
            Actuacións               Degustación  "bizcoito de cabaza"

>

 

>