Skip to Content

Ed. Primaria

Visita á EDAP

O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria visitaron a EDAP.

O alumnado voluntario da Biblioteca Escolar visita o Centro de Día de Eirís.

Hoxe, Día da Poesía, o alumnado voluntario da biblioteca visitou o Centro de Día de Eirís onde compartiron lecturas de poemas escritos por alumnado do colexio coas persoas alí presentes. O recital foi todo un éxito!!

 

Grazas a todos por facer deste día un DÍA ESPECIAL!

 

Día da poesia no centro de dia de Eiris from BiblioAnxo on Vimeo.

Anxela Loureiro visita BiblioAnxo

Anxela Loureiro, a autora de "Choiva de ras" visitou a biblioteca do cole, onde a recibiu o alumnado de 3º e 4º de Primaria, con quen compartiu historias e tamén cancións.

Graciñas Ángela!

Historia do Feminismo

 
As alumnas e os alumnos de Valores Cívicos e Sociais de 5º de Ed. Primaria fixeron este vídeo nas últimas semanas para conmemorar o Día Internacional da Muller, 8 de Marzo. Agardamos que vos guste!!

Mujeres deportistas

Este é o libriño que elaborou oalumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria na área de Educación Física co gallo do Día Internacional da Muller

 

O cociñeiro Martiño e Iago López visitan BiblioAnxo

O alumnado de 1º e 2º de Primaria e as suas mestras recibiron a visita de Iago López, autor de "O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas" na biblioteca do cole.

IAGO LOPEZ E O COCIÑEIRO MARTIÑO from BiblioAnxo on Vimeo.

 

PROGRAMA TV I.S.A.G.

Pinchando no enlace podedes ver un vídeo dos alumnos e alumnas de 4º de Primaria

https://youtu.be/r5qlLHi22sE

Distribuir contido


by Dr. Radut