Skip to Content

Ed. Primaria

PREMIO RECEITA DE SAMAÍN (TERCEIRO CICLO)

 

O gañador foi...Anxo! 

 

PARABÉNS!

Palabra do mes

PALABRA DO MES DE FEBREIRO

A palabra gañadora do mes de febreiro resultou ser "leira". Segundo a Real Academia Galega, significa "terreo de labranza." Algúns sinónimos son agro, eido ou veiga.

Atlántico parte de ti

O alumnado de 5º de Primaria desprazouse á praia de Oza para participar na actividade Atlántico parte de ti, organizada polo Concello coa colaboración do Clube Marítimo de Oza

 

Coruña Olímpica: Visita e entrevista a Victorino González (judoca coruñés Diploma Olímpico)

Álbum: Curso 2020-21 -> Coruña Olímpica: Entrevista a Victorino González (Diploma Olímpico en Seúl 88)

Hoxe veu ao centro Victorino González, judoca coruñés que chegou a ser Diploma Olímpico nos Xogos de Seúl 1988. Contounos moitas cousas da súa experiencia deportiva dende que era novo e atendeu ás preguntas do alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria.

Acudiron con el a periodista Lis Franco, o concelleiro de Educación Chero Celemín e a concelleira de Deportes Mónica Martínez.



2 de abril: Día do Autismo.

O alumnado de 2º de Educación Primaria celebrou o Día do Autismo. Que ben o pasaron!

 

Titoriais para o emprego da Aula Virtual

Estimadas familias:

 

Desde o mes de setembro e seguindo o establecido polo Protocolo COVID da Xunta de Galicia o alumnado de 3º a 6º de Primaria, acompañado dos seus titores, está asistindo á Aula de Informática do centro para formarse no uso da Aula Virtual. Trátase dunha medida de prevención en caso de ter que pasar a unha educación non presencial en determinados momentos do curso pero tamén consideramos que pode ser empregado como un recurso máis de traballo que implica diversas aprendizaxes útiles relacionadas coa competencia dixital do alumnado.

 

No caso dos nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria iremos intentando que pouco a pouco tamén se familiaricen coa Aula Virtual, aínda que obviamente resulta máis complexo debido a súa idade.

 

Coa intención de facilitar o seu uso na casa deixamos un par de titoriais que poden servir tanto a alumnado como familias. O primeiro contén as instrucións básicas parta acceder á Aula Virtual do centro e o segundo explica como converter un arquivo de Libre Office Writer (.odt) a PDF para poder envialo dentro dunha tarefa á Aula Virtual. Esperemos que vos resulten útiles. Se é necesario iremos engadindo máis recursos deste tipo.

 

Grazas pola vosa colaboración.

 

Titorial de acceso Aula Virtual.

 

Titorial sobre como convertir arquivos .odt a arquivos .pdf

Nos recreos xogamos todos e todas

Desde este mes de novembro comezou "a nova organización" dos patios en Primaria coa idea de que todos e todas teñamos diferentes opcións e espazos para desfrutar deste momento da xornada escolar. Tras consultar a opinión do alumnado para coñecer a suas ideas e suxerencias e tendo en conta o criterio de todo o claustro decidimos establecer distintas zonas de xogo e proporcionar material mais variado para poder xogar nos recreos. Así, por exemplo, establecemos unha zona sen balón para uso de cordas e outros xoguetes, zona con balón, zona "tranquila" con xogos de cartas e de mesa, turnos e  zona específica para xogar ao fútbol e ademais cada trimestre se celebrará un torneo dalgún deporte alternativo que practiquemos nas clases de E. Física. Neste primeiro trimestre o turno é para o Datchball e na liga creada están a participar 12 equipos de 3º a 6º de Primaria. Deixamos a continuación algunhas fotos onde se observan detalles desta nova organización da que vos falamos.

 


 

 

 

 

2º de E.P. visita o Muncyt

O pasado venres, 15 de novembro, os alumnos de segundo de E. P. visitamos o Muncyt.  Alí vimos obxectos antigos moi interesantes. 
O que mais nos gustou foi entrar no avión Lope de Vega que transportou no seu momento un cadro ben coñecido: O Guernika.
Esperamos repetir pronto!!!
 

O alumnado de 1º de Educación Primaria visita o Xardín de San Carlos

O pasado 4 de abril o alumnado de 1º de Educación Primaria visitou o Xardín de San Carlos.

 

 

 

5º de Primaria acode a "Prazas con Poder"

 

O alumnado de 5º de Primaria acudíu á saída "Prazas con Poder", visitando a Praza da Constitución e o Palacio de Capitanía, a Praza da Fariña e a Praza de María Pita e o Concello da Coruña

 

Distribuir contido


by Dr. Radut