Skip to Content

Nos recreos xogamos todos e todas

Desde este mes de novembro comezou "a nova organización" dos patios en Primaria coa idea de que todos e todas teñamos diferentes opcións e espazos para desfrutar deste momento da xornada escolar. Tras consultar a opinión do alumnado para coñecer a suas ideas e suxerencias e tendo en conta o criterio de todo o claustro decidimos establecer distintas zonas de xogo e proporcionar material mais variado para poder xogar nos recreos. Así, por exemplo, establecemos unha zona sen balón para uso de cordas e outros xoguetes, zona con balón, zona "tranquila" con xogos de cartas e de mesa, turnos e  zona específica para xogar ao fútbol e ademais cada trimestre se celebrará un torneo dalgún deporte alternativo que practiquemos nas clases de E. Física. Neste primeiro trimestre o turno é para o Datchball e na liga creada están a participar 12 equipos de 3º a 6º de Primaria. Deixamos a continuación algunhas fotos onde se observan detalles desta nova organización da que vos falamos.

 


 

 

 

 



page | by Dr. Radut