Skip to Content

Fondo Solidario de libros de texto. Axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar. Curso 24-25.

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publica no DOG con data 20/05/2024 a Orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar, destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria para o curso 2024-2025.

O vindeiro curso 2024-2025 o FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO estará accesible para o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de E.P. En 1º e 2º de E.P. funcionarán as AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO. No caso do MATERIAL ESCOLAR, convócanse axudas para a súa compra destinadas ao alumnado matriculado en EDUCACIÓN PRIMARIA.

O alumnado que curse 5º e 6º de E.P. neste centro no vindeiro curso 24-25 non ten que solicitar a axuda para o fondo libros, só para o material escolar se lle corresponde polos ingresos da unidade familiar. O centro continuará co proxecto de Educación Dixital (E-Dixgal) en 5º e 6º EP.  

 

Toda a información está dispoñible en: http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros, así como no DOG xa citado.

 

    • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros (www.edu.xunta.gal/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, www.sede.xunta.gal. Para a presentación de solicitudes deberá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluindo o sistema de usuario e Chave 365. 

    • De presentarse na Secretaría do Centro, só é necesario presentar unha única solicitude por familia (ANEXO I e II), incluíndo a todos os fillos/as matriculados no centro. Débese acompañar toda a documentación necesaria para xustificar o alegado na solicitude (orixinal e fotocopia). O alumnado que inicia os seus estudos en 1º de E.S.O. presentará a solicitude no Centro onde estea admitido para o curso 23-24.

    • O prazo de presentación das solicitudes comeza o 21 de maio e remata o 21 de xuño de 2024. Lembramos que o horario de Secretaría é de luns a venres de 9:10 a 9:50h.

    • Cómpre lembrar que será requisito fundamental para acceder ao fondo solidario, ou recibir as axudas para libros ou material escolar TER DEVOLTO OS LIBROS, ben utilizados do mesmo fondo o ano pasado, ben adquiridos con cargo á convocatoria de axudas para a compra de libros de texto do curso 2023/2024.

    • O anexo I e II poden descargarse na sede electrónica da Xunta de Galicia, nesta páxina web ou solicitar nas dependencias da Xefatura Territorial de Educación de A Coruña.

ANEXO I

ANEXO II

Máis adiante informarase dos prazos de publicación de listaxes provisionais e definitivas e de entrega de libros e cheques de axuda.

 

AdxuntoTamaño
AnuncioG0761-080524-0003_gl.pdf1.3 MB
Anexo I.pdf1.88 MB
Anexo II.pdf1.24 MB


page | by Dr. Radut