Skip to Content

Colectivas

Día do Autismo: 2 de abril de 2020

Moitas grazas a todos os nenos e nenas de 1º. Un gran traballo en equipo!!

CONMEMORACIÓN DIA DA PAZ

Hoxe, 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz; nenos e nenas, mestres, mestras, familias, saímos dun mesmo lugar, as nosas escolas, porque como dixo Malala Yousafzai: “Un neno, unha mestra, un libro, un lapis poden cambiar o mundo”.

Nós tamén cremos que non hai mellor menciña contra as guerras, a fame, a desigualdade e a intolerancia que a educación.

Unimos as nosas mans desde o Milenium, erixido para conmemorar o século XXI, un século que queremos sexa de Paz en todo o mundo e, con elas, fixemos unha onda que quere ser océano de ilusión, dun soño posible para todas as persoas de calquera cultura, crenza ou ideas baseadas no respecto, na igualdade e na liberdade.

Das nosas mestras e mestres, esperamos que sementen en nós coñecementos que estimulen preguntas, que nos axuden a formarnos no respecto á diversidade. Dos libros, esperamos que abran portas á reflexión para, con ese lapis, escribir unha historia nova, que como este faro ilumine sendeiros de paz.

 

O artigo décimo da Declaración dos Dereitos da Infancia di:

O dereito para ser criado cun espírito de comprensión, tolerancia, amizade entre os pobos e irmandade universal.

Velaí o camiño cara a Paz.

Moitas grazas as vosas mans cómplices, fortes e decididas que deixamos hoxe como a nosa persoal pegada dun mundo posible, no que tezamos unha rede de afecto e respecto feita cos fíos da paz e a igualdade.

 

Concerto do grupo IAR no Centro

O xoves 21 de novembro o grupo IAR, veu ao noso cole e agasalláronnos cun concerto de "Música tradicional", encantounos a tod@s e estivemos moi participativos.


Carreira "Kilómetros de Solidariedade"

O pasado xoves 5 de decembro celebramos a Carreira "Kilómetros de Solidariedade" aprazada semanas atrás a causa do mal tempo. Todo o alumnado do cole desprazouse ao Parque de Eirís para participar nunha actividade na que todos se esforzaron ao máximo para aportar o seu grao de area. Toda a axuda aportada polos coles participantes nesta XVI edición da carreira organizada Save the Children destinarase a axudar aos nenos e familias da etnia Rohyngia obrigados a abandonar o seu país de orixe, Myanmar, a causa dos conflitos bélicos nesta rexión e ter que vivir en pobres condicións en campos de refuxiados. Queremos agradecer a colaboración de tódolos nenos e familias do cole para facer posible a organización e realización desta actividade.

 

Pintamos NON á violencia de xénero

Apadriñamento lector no Día do Libro

Hoxe o tempo non nos permitiu compartir lecturas na Praza da Concordia como tiñamos previsto, pero non impediu que "padriños" e "afillados" disfrutasemos destes momentos de "lecer lector" en diferentes espazos do noso centro.

 

8 de Marzo de 2019

Día da Paz e da Non Violencia 2019

No seguinte vídeo podedes ver a construcción do mural conxunto para conmemorar o Día da Paz e da Non Violencia 2019.

IMAXINA from BiblioAnxo on Vimeo.

 

Imaxina (canción do Día da Paz 2019)

Co gallo da celebración do Día da Paz e da Non Violencia, do 30 de xaneiro, versionamos a canción de "Imagine" de John Lennon. Todo o alumnado e profesorado cantou esta adaptación e máis a orixinal en inglés nun pequeno acto conmemorativo.

E este é o libriño que elaboramos:

 


NO CEIP ANXO DA GARDA REXEITAMOS A VIOLENCIA #EQUALITER

Para conmemorar o Día Internacional para a eliminación da violencia contra ás mulleres, sumámonos á iniciatica  #equaliter do Ceip Aquilino Iglesias Alvariño de Abadin, participando co noso mural grabado. Este é o video resultante:

 

Así o fixemos:

 

Queremos agradecer a este centro que nos convidara a participar en tan fermosa iniciativa.

Distribuir contido


by Dr. Radut