Skip to Content

Novas

Palabra do mes de outubro

Xa temos a nosa palabra gañadora do mes de outubro!!!

Na foto podemos ver a Enma, de 3º de primaria, coa palabra que escolleu: BESBELLO. Segundo o dicionario da Real Academia Galega ten dúas acepcións:

1. Insecto terrestre ou acuático que os pescadores de cana poden utilizar como engado.

2. Persoa que non para quieta, que anda sempre dun sitio para outro (figurado).

As candidatas a palabras do mes foron: BONECA, OUTONO, AMORODO, XOGUETE, LÚA, CURUXA e MAGOSTO.

 

Palabra do mes de xuño

A palabra gañadora do mes de xuño foi SARDIÑADA. Segundo a Real Academia Galega é "unha festa popular ou familiar onde se asan sardiñas". As outras palabras do mes foron: FOLGAR, MÁGOA, ENXEBRE, FOLLA e VERÁN.

Exposición Letras Galegas 2019

Taboleiro EDLG:

Mural "As Letras de Fraguas":

Palabra do mes de maio

A palabra deste mes foi BRUAR. Na RAG aparece como "[Boi ou outro animal] emitir a súa voz".

Na foto podemos ver a Selene, alumna de 5º de Primaria coa súa palabra.

As palabras finalistas foron: CHORIMA, RATIÑO, ESMORGA, RIQUIÑO, AMIZADE, XEADO e PEIXE.

As Letras de Fraguas

No seguinte vídeo o alumnado do colexio recita estrofas extraídas do libro Aportacións ao Cancioneiro de Cotobade de Antonio Fraguas.

VIII Certame Literario "Emilia García Barreiro"

Este é o oitavo ano que o centro organiza o Certame Literario "Emilia García Barreiro".

No documento adxunto podedes ver os traballos galardonados nesta edición.

Palabra do mes de abril

 

A palabra gañadora do mes de abril foi BEIZOS, proposta por Irina de 1º A de Educación Primaria. Noraboa!! 

As palabras finalistas foron: SERÁN, FARÁNDULA, QUIMERA, RELOXO, POMBA, AMORA, ABELLA E PEIXE.

Concerto de música tradicional

O pasado día 13 de marzo, os cursos de 5º e 6º de Educación Primaria desfrutaron dun Concerto Didáctico impartido polo Grupo de música tradicional da AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais).

Fixeron un percorrido polos principais instrumentos da música tradicional galega (gaita, tamboril, bombo, pandeireta, requinta, tarrañolas e ocarina), dando a coñecer as súas características musicais e de construción. Con estes instrumentos presentaron os ritmos máis comúns na nosa tradición (muiñeiras, xotas, pasodobres, foliadas,alboradas...) así coma os compases aos que se corresponden, a función á que estaban destinados e posibles orixes.

 

Palabra do mes de marzo

 

A palabra gañadora do mes de marzo foi ALOUMIÑO.

Segundo o dicionario da Real Academia Galega aloumiño ten varias acepcións: "Cousa que se di ou se fai para agradar a alguén" como sinónimo de afago ou "Demostración de cariño que se lle fai a unha persoa ou a un animal pasándolle a man suavemente pola pel ou polo pelo" como sinónimo de caricia.

Esta palabra foi proposta por Irene Muíño de 4º curso de Educación Primaria. Noraboa!

8 de Marzo de 2019

Distribuir contido


by Dr. Radut