O ENTROIDO DO COLE NO XORNAL

O XORNAL "LA REGIÓN" MOSTRA UNHA PEQUENA PARTE DO QUE FOI O NOSO DIVERTIDO E COMPROMETIDO DÍA DE ENTROIDO!

Nenos e nenas, profesorado e persoal non docente implicámonos para colaborar co MECO e seguir a súa proposta de facer  UNHA HOMENAXE Á CHOIVA...E CONCIENCIARNOS DA IMPORTANCIA E COIDADO  DA AUGA.

E, claro, a choiva aliouse con nós e, no ultimísimo momento, cando xa non o esperabamos, deixounos un "bocaño" para que os pequeniños puidesen lucir os fermosos traxes froito de moitas horas de traballo e facer o seu pequeno desfile polo parque!

Despois, todo o colexio puido desfilar no patio polideportivo, mostrar o triunfo da imaxinación (gorros, botas, chuvasqueiros "tuneados"...) e divertirse co baile!!!

Dia da Paz 2018

 (preme na imaxe para obtela en pdf)

 

Música da Canción do Dia da Paz 2018

COMEZO DE CURSO 2017

  

COMEZO DE CURSO 2017-2018 

1.   O curso comeza o LUNS 11 DE SETEMBRO:

HORARIO:

·      PRIMARIA:de 9.00 a 14 horas.

·      EDUCACIÓN INFANTIL:

    - 4 ANOS (5º de Educación Infantil):de 9.00 a 13.50 h.

     - 5 ANOS (6º de Educación Infantil):de 9.00 a 13.55 h.

     - 3 ANOS (4º de Educación Infantil):Según o horario de cada neno/a no PERÍODO DE ADAPTACIÓN.

2.   REUNIÓN PAIS E NAIS DO ALUMNADO DE 3 ANOS:

Xoves 7 de setembro ás 17 horas, nas aulas (entregarase o calendario do período de adaptación).

3.   REUNIÓN PAIS E NAIS DO ALUMNADO DE 1º de PRIMARIA:

Xoves 7 de setembro ás 18 horas, no Salón de Actos.

4.   ASAMBLEA XERAL ANUAL:

Todos os pais e nais estades invitados  á ASAMBLEA XERAL ANUAL  que se celebrará o martes 19 de setembro ás 16.30 horas no Salón de Actos.

5.    REUNIÓNS DE AULA:

A continuación da mesma, celebraranse as REUNIÓNS DE AULA coas titoras correspondentes.

Prégase a asistencia sen nenos/as.

6.   SERVIZOS COMPLEMENTARIOS:

·      O servizo de ACOLLIDA TEMPERÁ e o servizo de COMEDOR funcionarán dende o luns 11 de setembro.

·      As informacións relativas ao comedor enviaranse por escrito a cada usuario.

Distribuir contido