SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES

Alerta laranxa

 por refachos de vento superiores aos 90-100 Km/h

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou a

 SUSPENSIÓN DAS ACTIVIDADES NO EXTERIOR

a partir das 15.00h (tanto escolares como extraescolares) das instalacións do centro escolar situados en tódolos concellos de Galicia.

RESERVA DE PRAZA NO IES 12 DE OUTUBRO

RESERVA DE PRAZA NO IES 12 DE OUTUBRO

ACTIVIDADES DE NADAL 2016-17 DO CONCELLO DE OURENSE

 

CONCELLO DE OURENSE

ACTIVIDADES DE NADAL 2016-17 PARA ESCOLARES

CONCILIACIÓN  LABORAL E FAMILIAR

 

DATAS DAS ACTIVIDADES: 

22, 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro de 2016

2, 3, 4 e 5 de xaneiro 2017        

 

 CENTROS DE ACTIVIDADES

       . CENTRO CULTURAL ÁNGEL VALENTE (Antigo Banco de España)

                  Rúa do Paseo, 20, planta baixa

DIRIXIDO A: Educación Infantil (3-5 anos)*

HORARIO: 11’00 h a 13’30 h e de 18’30h  a 20’30 h

Luns pechado.

22 e 23 de decembro só de tarde. 

· ESCOLA MUNICIPAL DE  IDIOMAS

                        Rúa da Canle, 6

DIRIXIDO A: Educación Primaria (6 a 12 anos)*

HORARIO: 8’30 h. a 14’30 h.  

· AULA DA NATUREZA DO RÍO MIÑO

Paseo Fluvial de Oira

DIRIXIDO A:  Educación Primaria (6-12 anos)*

HORARIO: 10’00 h a 13’00 h e de 16’00 h a 19’00 h.

Excepto 5/1/2017 pola tarde. 

· BIBLIOTECAS MUNICIPAIS  *Inscrición nas propias bibliotecas.

BPM A Carballeira. Praza de Sagrado Corazón s/n

BPM San Francisco. Explanada de S. Francisco s/n

BPM A Ponte. Praza mestre Luís Fernández s/n

Punto Animación á Lectura “O Couto”. Rúa Francisco Asorei, 43

DIRIXIDO A: alumnado de 4 anos cumpridos no momento da solicitude ata os 10 anos 

                           HORARIO: 11’00 h a 13’00 h

 

INSCRICIÓN  do 14 ao 22 de decembro (de 8:30 h a 14.00 h) na Concellería de Educación, agás bibliotecas. Prazas por rigoroso orde de inscrición. Non se admiten ingresos bancarios sen a previa inscrición.

DOCUMENTACIÓN: Fotocopia da tarxeta sanitaria do neno/a e unha foto.

PREZO público:   1O €    1º INSCRITO     /    5 €  IRMÁNS 

 

 

 

NOVAS SOBRE AS ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

CONVOCATORIA PUBLICADA NOS TABOLEIROS DE ANUNCIOS (ver ficheiros adxuntos)

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2016

Este curso corresponde celebrar eleccións para renovar parcialmente os membros do consello escolar de centro.

Hoxe comeza o proceso co sorteo público das persoas que formarán a Xunta Electoral que regulará e controlará o procedemento.

 

 

Distribuir contido