Skip to Content
Balea s/n O Grove (Pontevedra) CP:36988 Tfno: 886 151 972 ceip.asbizocas@edu.xunta.gal

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 23/24

No DOG do 19/05/2023 publicouse a ORDE do 10 de maio da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades que regula, para o curso 23/24:

- A participación no fondo solidario de libros de texto do alumnado que se matricule en 3º e 4º E.Primaria.

- A convocatoria de axudas para adquirir libros de texto para o alumnado que se matricule en 1º e 2º E. Primaria.

- A convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinadas a todo o alumnado de E. Primaria.

 

O prazo de solicitudes vai do 20 de maio ata o 21 de xuño, incluído.

Terán acceso ao formulario da solicitude na aplicación informática "Fondolibros" (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/) , onde deberán cubrir os datos. Poderá presentarse por vía ELECTRÓNICA, a través da sede da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B) (de facela por vía electrónica será necesario tramitar unha solicitude por cada alumno/a, aínda que estean admitidos no mesmo centro).

Tamén se poderá cubrir a solicitude que poderedes recoller no centro ou descargala da aplicación e presentala PRESENCIALMENTE

Teñen toda a información na Orde de Convocatoria:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230519/AnuncioG0655-100523-0001_gl.html

LISTAXE DEFINITIVA ADMITIDOS CURSO 23/24

A totalidade do alumnado matriculado neste centro para o curso 23/24 foi admitido.

Podedes consultar a LISTAXE DEFINITIVA no taboleiro do centro ou a traves da aplicación admisionalumnado.

PATIOS ACTIVOS

       Seguimos cos patios activos! Propoñendo actividades para que os patios sexan máis inclusivos e participativos para todos e todas.

PATIOS ACTIVOS

O CENTRO RECIBE O RECOÑECEMENTO DISTINTIVO VIOLETA

Luns 30 de xaneiro de 2023

A Asociación Forgender Seal e a Plataforma Unitaria Contra As Violencias de Xénero certificou que o noso centro educativo superou os criterios de igualdade social, xénero e diversidade que aseguran o seu compromiso cunha educación igualitaria para todos e todas.

 

 

PROMOCIÓN DE HÁBITOS DE VIDA SAUDABLE

- Contextualización legal segundo o Decreto de Educación Primaria en Galicia - 

Dende a área de Educación Física, gustaríanos mostrar un breve resumo das indicacións de promoción de estilos de vida activo e saudable indicados polo Decreto 155/2022 polo que se establece o currículo de Educación Primaria en Galicia.

É a nosa labor como centro educativo fomentar os hábitos saudables no alumnado.

PROMOCIÓN DE HÁBITOS DE VIDA SAUDABLE

PLAN DIXITAL

Estimadas familias

 

Achégase adxunto o Plan Dixital do Centro.

 

 

CIRCULAR A.N.P.A

Estimadas familias,

Podedes consultar nos documentos adxuntos información relativa á A.N.P.A. trala reunión mantida o martes 27, así como o documentos de inscrición para ser socio/a.

MODIFICACIÓN DAS CONCRECIÓNS CURRICULARES

Estimadas familias

 

Como consecuencia do cambio de normativa debido á publicación da Orde do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia, actualizáronse as Concrecións Curriculares no centro educativo. Podedes acceder a dito documento pinchando no enlace adxunto.

HORARIO DE ATENCIÓN ÁS FAMILIAS

Estimadas familias:

 

O horario de atención do equipo directivo ás familias para o curso 2021-2022 será o seguinte:

 

LUNS: 8:40 - 9:25/ 12:50 - 13:40

MÉRCORES: 12:50 - 13:40

XOVES: 12:50 - 13:40

VENRES: 12:50 - 13:40

Distribuir contido


by Dr. Radut