Skip to Content

Orientación

SOLICITUDE BECAS NEAE 2024/25

No BOE do 12 de abril saiu a convocatoria de axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo. Poderedes solicitar esta beca no caso de que o fillo/a asista o próximo curso 24/25 a algún gabinete privado para reeducación pedagóxica ou da linguaxe e que lles supoña o abono dunha cuota mensual.

As familias que o soliciten deben tramitalo por internet na seguinte dirección

 https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=2109


  • Deberán acceder co DNI e contrasinal.
  • Se é a primeira vez que solicitan beca deberán rexistrarse, se é posible, co DNI do alumno/a.

prazo para solicitar as becas vai do 30 de abril ata o 13 de setembro. A documentación presentarase no colexio xunto co informe do gabinete no que van solicitar terapia así como o impreso co número de conta do alumno/a facilitado pola entidade bancaria onde se ingresará o importe da beca. 

Adxúntase o texto da convocatoria. Para calquer dúbida consultar co Departamento de Orientación os mércores e xoves.

INFORMACIÓN BECAS NEAE

Estimadas familias,

 

Achégase en arquivo adxunto un resumo para solicitar as becas NEAE para o presente curso escolar, para calquera dúbida dirixirse ao Departamento de Orientación, os mércores ou xoves.

 

Un saúdo.

Distribuir contido


by Dr. Radut